As actividades extraescolares comezarán, como estaba previsto o vindeiro luns, 2 de outubro.
A actividade que NON se levará a cabo será a de Percusión polo baixo número de apuntados. Comunicaremos esta circunstancia persoalmente ás familias.
As actividades que sufriron modificación son:
O resto de actividades levaranse a cabo tal e como estaban ofertadas.
Todos os que solicitaron as actividades ata o xoves 28 están aceptados nas actividades solicitadas, excepto o relativo as actividades modificadas ou canceladas mencionado antes.
Os apuntados en natación (Campolongo) foron aceptados no horario que solicitaron e deberán aboar o importe do cuadrimestre os vindeiros días na conta especificada da circular (a mesma que para ingresar a cota), para poder facer o ingreso á empresa.
Calquera dúbida, podedes contactarnos a través dos medios habituales. Esta semana comezaremos co horario habitual da oficina da ANPA.