Main menu

Xa tendes dispoñibles a información sobre a Escola Deportiva Municipal e das actividades extraescolares para o curso 2021-22 e  e outras informacións de interés, incluíndo as actividades non organizadas directamente pola ANPA. Tamén tedes o formulario para solicitar as actividades organizadas pola ANPA. O formulario para facerse socio da ANPA o tendes dispoñible eiquí.

Para a decisión das actividades que se levan a cabo e cales non, se terá en conta as solicitudes recibidas no noso buzón no edificio de administración ata o venres 24 de setembro. As actividades que nesa data non acadaran o número mínimo de inscritos cancelaranse. Actualizarase o listado nesta mesma páxina con esa información.

Información de actividades:

Descarga da información completa e o formulario de solicitude de actividades:

Actividades organizadas pola ANPA

Estado:

  • Confirmada: todos os solicitantes admitidos e comenzará inmediatamente. Aínda pode apuntarse máis alumnado
  • Pendente mínimo: todavía non se cubriu o número mínimo de solicitudes e non comenza de momento.
  • Pechada: Xa non se admiten solicitudes para esta actividade
  • Cancelada: moi poucas solicitudes e decidiuse non realizar a actividade

Custe de matrícula nas actividades extraescolares:

  • 0€ para familias socias da A.N.P.A. para o curso 2021/2022
  • 25€ para familias non socias da A.N.P.A. para o curso 2021/2022

Actividades extraescolares propostas:

Calendario de actividades extraescolares 2021-2022

ActividadeEstadoCursosDíaHorarioHoras semanaisPrezo socios da ANPA
Animación á lectura / contacontos / ludoteca Pendente mínimo Ed. infantil Xoves 16:00 – 17:00 1 13€ / mes
Multideporte* Pendente mínimo Ed. infantil Venres 16:00 – 17:00

1 13€ / mes
Ballet (infantil) Pendente mínimo Ed. infantil Luns 16:00 – 17:00 1 13€ / mes
Ballet (primaria) Pendente mínimo Primaria Luns 17:00 – 18:00 1 13€ / mes
Robótica Pendente mínimo Primaria Xoves 16:00 – 17:30 1,5 25€ / mes
Fútbol* Pendente mínimo Primaria Mércores 16:00 – 17:00 1 13€ / mes
Taller de intelixencia emocional Pendente mínimo Primaria Mártes 16:00 – 17:00 1 13€ / mes
Pintura Pendente mínimo Primaria Venres 16:00 – 17:30 1,5 19€ / mes
Baloncesto* Pendente mínimo Primaria Mártes
e / ou
Xoves
16:00 – 17:00 (mártes)
e / ou
17:00 – 18:00 (xoves)
1 ou 2 10€ / mes (1 hora/sem)
15€ / mes (2 horas/sem)

* Actividades para as que se pedirá subvención polo Servizo de Deportes do Concello de Pontevedra incluídas na Escola Deportiva Municipal de Mourente “ANPA Os Valados” se sae publicada a convocatoria para este curso

Actividades organizadas por outras entidades

Coma outros anos teredes outras actividades que non organiza directamente a ANPA, pero que ten prezos especiais para os socios. Para información ou apuntarse nas actividades, consultar coa entidade que a imparte

  • Ximnasio Budo:
    • Natación: teñen a posibilidade dunha hora ou dúas horas á semana. Para todo infantil e primaria. Deberedes contactar con eles para máis información e inscrición.
      • 1 día/semana 22€/mes
      • 2 días/semana 40€/mes
  • FANPA. Tedes a información de cada actividade na páxina http://www.nontedurmas.org :
    • Playing English: organizado pola FANPA.  No caso do Vilaverde, as clases serán os martes e xoves en dúas quendas: de 16 a 17 e de 17 a 18. Hai a posibilidade de preparar os exames do Trinity College: Info na páxina da FANPA
    • Eureka, PAE e Ábaco (+ Info):
      • Programa PAE: Apoio específico a nenos e nenas con NEE.
      • Actividade de ábaco para primaria e secundaria.
      • Programa EUREKA: parte da atención ás Intelixencias Múltiples, ten coma finalidade atender ás necesidades educativas e psicosociais do alumnado con altas capacidades

FacebookTwitterRSS