Main menu

Información sobre a o servizo de comedor - madruga para o curso 2019-2010. Tedes a comunicación de ARUME e o detalle dos prezos nun descargable ao final.

A empresa encargada da xestión seguirá sendo ARUME. Este curso produciuse unha actualización dos prezos dos servizos polo incremento do IPC e custos laborais e un par de melloras que se incluíron no contrato. O importe dos prezos é sin a posible subvención do Concello, xa que aínda non se asinou o novo convenio que o recolla. Unha vez haxa novo convenio e se coñeza o seu importe, actualizarase o importe e os prezos cambiarán á baixa.

Para efectuar a solicitude de alta para o curso 2019/20 dos servizos complementarios de comedor e madruga, a vía preferente é a través da aplicación móvil ou da plataforma web.

Só hai que buscar “COLECHEF” en Google Play ou App Store e rexistrarse. Tamén se pode acceder a través da páxina web de ARUME https://arumeservicios.com/educacion/?lang=ga seleccionando “ACCEDE AO NOSO PORTAL DE EDUCACIÓN”

Se xa sodes usuarios dos servizos de ARUME debéstedes de recibir un email e SMS cunha ligazón para realizar a renovación automática. Se non é así, ou tedes dúbidas, podedes contactar con ARUME para que vos axuden.

Se non sodes usuarios dos servizos de ARUME, para rexistrarvos a primeira vez, é necesario acceder ao apartado Darse de alta e facer clic no botón Rexistro. Unha vez alí, hai que introducir o DNI ou NIE do titor e utilizar o código do centro (Nota: o 6º díxito do código é un “cero”, non a letra “O”).
   CEIP VILLAVERDE » CÓDIGO: ESKRL0LD15
O resto do proceso consistirá en introducir os datos de usuario da app e do servizo desexado.

Para empezar en setembro a data límite para enviar o formulario é o 31/08/2019.

A aplicación estará dispoñible as 24h do día. O teléfono que ARUME ten a disposición dos usuarios é o 607 634 413. O horario de atención é de luns a xoves de 10.00h a 14.00h y de 15.00h a 18.00h, os venres só en horario de mañá. No verán (do 01/07 ao 31/08) só en horario de mañá. En ningún caso se atenderán SMS. Por outra banda, tamén pode contactar no correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

Modalidades de contratación dos servizos:

  • Fixo: Se necesita o servizo uns días fixos da semana. O recibo pasarase entre o 15 e 20 do mes de servizo e as mensualidades serán sempre do mesmo importe, según a táboa de prezos especificada no pdf, e calculadas a partir do nº de días lectivos do curso, dividido entre os 10 meses de servizo.
  • Calendario de días ou Turno laboral: Se necesita o servizo uns días sen periodicidade semanal (días de calendario) e o sabe con antelación. Deberá informar antes do día 25 de cada mes dos días nos que necesitará o servizo durante o mes seguinte. Cobraranse entre o 15 e 20 do mes de servizo polos días contratados.
  • Esporádico: Se necesitan o servizo días soltos sen posibilidade de planificar. Debe avisar o día anterior como moi tarde. Cobraranse os días que correspondan ao mes seguinte do servizo ao prezo esporádico.

A petición de alta, baixa ou modificación do servizo, deberedes comunicala antes do día 25 de cada mes, facéndose efectiva para o mes seguinte. Estas comunicacións NUNCA deberán realizarse a través dos monitores/as. Debe contactar co teléfono, fax ou email antes mencionados.

FacebookTwitterRSS