Main menu

O CEIP Vilaverde-Mourente celebrará o sábado día 13 de maio de 2023, a partires das 10:45 da mañá o XXVII CROSS ESCOLAR.

A proba está aberta á participación de todos os alumnos e alumnas de educación infantil e primaria dos centros escolares públicos do Concello de Pontevedra.

As inscricións poderanse facer polos seguintes medios:

  • A través do formulario online dispoñible en https://forms.gle/9nh9EyG3kyrRJEUj9
  • Para alumnos do CEIP Vilaverde, a través dos titores de cada grupo.
  • A través dos centros e ANPAs colaboradoras.
  • No propio centro escolar ata momentos antes do comezo das probas.

Haberá probas para os nenos e nenas de Educación Infantil (3,4 e 5 anos) e para as categorías 1º e 2º de primaria, 3º e 4º de primaria e 5º e 6º de primaria. Tamén teremos unha proba para os ex-alumnos que agora están nos primeiros cursos da ESO (1º e 2º da ESO, nacidos no 2010, 2009) e para os pais e nais dos alumnos. A todos os participantes se lle entregará auga e un bocadillo, e haberá reparto de diplomas para todos.

Nesta edición colaboramos de novo co banco de alimentos, e a ANPA fará unha doazón económica segundo o número de participantes. Ademais ese día haberá voluntarios do banco de alimentos e se fará unha recollida de alimentos non perecedoiros entre as familias participantes que o desexen.

Pretendemos que máis que unha competición, sexa unha xornada festiva para os rapaces e as súas familias, e fomentar as relacións entre os integrantes dos distintos centros do Concello de Pontevedra.

Para aclarar calquera dúbida pódese chamar ó teléfono 690 731 207 (ANPA) ou 886 15 90 34 (centro escolar).

O cross recorrerá as rúas adxacentes ao centro escolar: rúas Valdecorvos e Vilaverde. Os participantes de todas as categorías se concentrarán no centro escolar, e serán acompañados á zona de saída correspondente por persoal da organización.

Nas rúas polas que discorrerá a proba estará prohibido o estacionamento. As rúas Valdecorvos e Vilaverde, estarán cortadas ao tráfico durante toda a duración da proba.

Para as persoas que se acerquen con vehículo, recoméndase o estacionamento na Avenida de Lugo e na zona da urbanización de Valdecorvos, xa que o acceso ao centro estará pechado para vehículos dende antes do comezo das probas.

Para o desenrolo das probas contaremos coa colaboración da policía local e protección civil do Concello de Pontevedra e da Asemblea Comarcal da Cruz Vermella en Pontevedra, as que agradecemos por adiantado a súa colaboración.

Categorías, horarios e distancias

As distancias a percorrer, orde das carreiras e horarios aproximados serán os seguintes:

CategoríaDistanciaHora saída probaHora límite concentración
3º, 4º Primaria Nenos 500m 11:00 10:50
3º, 4º Primaria Nenas 500m 11:05 10:50
5º, 6º Primaria Nenos 700m 11:10 10:50
5º, 6º Primaria Nenas 700m 11:15 10:50
1º, 2º ESO Nacidos no 2009 e 2008 700m 11:20 10:50
1º, 2º Primaria Nenos 250m 11:30 11:20
1º, 2º Primaria Nenas 250m 11:35 11:20
4º Ed. Infantil 3-4 anos 150m 11:50 11:45
5º Ed. Infantil 4-5 anos 150m 12:00 11:55
6º Ed. Infantil 5-6 anos 150m 12:10 12:05
Pais e avós   250m 12:20 12:15
Nais e avoas   250m 12:30 12:25

Normas

Plano do circuito

Mapa circuitos XXVI Cross escolar CEIP Vilaverde - Mourente

Organiza

A directiva da ANPA "Os Valados"

O equipo directivo e profesorado do CEIP Vilaverde - Mourente

Entidades colaboradoras

2016 2017 cross cartel colaboradores

FacebookTwitterRSS