Main menu

Campamento

Terceiro día do campamento 2014

Hoxe despois do almorzo fixemos un xogo no camping no que unhas bruxas nos querían coller para facer un conxuro para revivir aos seus ancestros e despois baixamos á praia para darnos un baño, e xogar ao brilé e voleibol.

Despois de xantar, fixemos manualidades e despois aproveitamos para darnos o último baño na piscina.

Ler máis...

Segundo día do campamento 2014

Hoxe, despois de levantarnos, e facer un pouco de ximnasia para estirar os músculos, almorzamos. Unha vez lavados os dentes, baixamos á praia a facer un xogo de orientación en grupos na praia e no pinar que está xunto á praia.

Ler máis...

Primeiro día do Campamento 2015

Hoxe chegamos ao campamento, e despois de instalarnos, probamos a piscina.

Ler máis...

Guía para os asistentes ao campamento

Saída: venres 30 de maio, ás 16:30 horas.
Regreso: domingo 1 de xuño, arredor das 20:00 horas.

Deben levar:

Ler máis...

Convocatoria xuntanza campamento 2014

O vindeiro Luns 19 de Maio de 2014 ás 19:30 horas no comedor do colexio, terá lugar a reunión para os que fixeron a reserva para o campamento 2014.

O importe total por neno serán 80€. O importe pendente, unha vez descontado a reserva (20€),
deberá ser aboado previamente na conta bancaria do BBVA (ES80-0182-5151-27-0201538379) ou ese día na reunión. O importe a aboar será:

  • 35€ para os socios con 4 ou máis anos de antigüidade (cursos 2010/11, 2011/12, 2012/13 e 2013/14).
  • 40€ para os socios con 3 años de antigüidade (cursos 2011/12, 2012/13 e 2013/14).
  • 45€ para os socios con 2 años de antigüidade (cursos 2012/13 e 2013/14.
  • 50€ para os socios con 1 año de antigüidade (curso 2013/14).
  • 60€ para os non socios.
Ler máis...

Fin de prazo de reserva do campamento 2014

O venres 28 finalizou o prazo para a reserva de praza para o campamento 2014 que organiza a ANPA para o fin de semana do 30 de maio ao 2 de xuño do 2014. Por tanto, xa no se aceptan novas reservas. Necesitamos que os que fixéchedes o ingreso entreguedes o formulario de reserva canto antes (se aínda non o fixéchedes).

O número de reservas superou o número de prazas que se ofertaban. Intentaremos acomodar o exceso de nenos e nenas, pero en caso de que non os poidamos acomodar, quedarán fora os últimos en facer o ingreso (intentaremos que non pase).

Por outra banda, os recordamos que para ter dereito ó desconto que se fará do prezo aos socios da ANPA, é necesario ter entregado o formulario de socio e a copia do resguardo do ingreso da cota no banco.

Reserva de praza para o campamento 2013

Como ven sendo habitual, a ANPA organiza no vindeiro mes de Maio un campamento para nenos e nenas dos cursos 3º, 4º, 5º e 6º de primaria.

Ler máis...

FacebookTwitterRSS