Main menu
Reunión Xunta obras

O pasado vernes o xefe territorial de educación, o delegado da Xunta en Pontevedra e un técnico visitaron p centro para dar detalles á dirección das obras de mellora de eficiencia enerxética que se realizarán no centro. En dita reunión estuvo tamén representada a ANPA.

O vernes a Xunta asinou o contrato coa empresa polo que as obras principiarán en breve e o prazo previsto son dous meses e medio, polo que deberían estar finalizadas a mediados de novembro. Según o informado polo xefe territorial, a razón da demora no comezo das obras foi debido á complexidade dos trámites administrativos, pola magnitud da obra. É algo que xa non ten solución e polo tanto tendremos que convivir coas obras. Non é algo que nos agrade, pero son unhas obras moi necesarias no centro debido á súa antigüedade e seguro que o confort para os nenos e nenas que suporá a mellora na climatización e iluminación o agradeceremos xa este inverno.

As obras afectarán ao edificio principal de aulas e ao edificio de administración. Nos próximos días a empresa presentará ao centro unha planificación temporal das zonas afectadas polas obras. En principio irán actuando sobre as aulas de dous en dous, polo que conllevará desprazamientos temporais das aulas afectadas en cada unha das fases. Comprometéronse a intentar afectar o menos posible ás actividades lectivas, polo que esperamos non sufrir moitos transtornos. Además dos traslados de clase, haberá que convivir coas molestias típicas das obras: ruídos, etc.

As obras consistirán en (a groso modo):

  • Cambio da caldeira por unha de biomasa (pellets) e separación en zonas os diferentes edificios para permitir diferentes potencias de calefacción a cada zona, segundo o precisen.
  • Cambio das ventanas (ou vidrios) en aqueles casos que no teñan o aislamiento adecuado.
  • Continuación das paredes entre aulas ata o teito para mellorar o aislamiento acústico e térmico entre espazos.
  • Creación de dobre muro nas zonas de la pared exterior que non o teña, e inxeción de aislante na cámara de aislamiento.
  • Cambio do falso teito nas zonas que sexa necesario.
  • Cambio dos sistemas de iluminación por outros máis eficicientes.
  • Aislamientos e pintura.

Retirada de amianto

Aínda que no proxecto indicabase a existencia de 160 m² de paneis de fibrocemento con posibilidade de conter amianto a ser retirados, a maior parte xa foi retirado en obras anteriores, polo que nestas obras retiraránse sobre 5 m². Están situados na parte superior da puerta de acceso a administración, e na parte superior das ventanas dos baños do comedor e de dirección, todos no edificio de administración. (ver fotos, son as placas superiores)

Amianto puerta administración 2017 2018 amianto 2

Está claro que poden existir outros componentes con amianto nas edificaciones (principalmente nas cubiertas) pero non están afectados por estas obras, e en principio ao ser materiales non fiabres non supoñen perigo excepto se se manipulan (montaje / desmontaje). A Valedora do Pobo solicitou á Xunta que planifique a eliminación de estes elementos en todos os centros escolares.

Ata o ano pasado, a Consellería de Educación tiña o criterio de que nas obras dos centros escolares con retirada de amianto, non houbese escolares ou docentes no edificio no que se producía esa retirada, pero si permitía que houbese actividade lectiva notras edificacións do centro escolar.

Este criterio de protección resultaba claramente insuficiente e a raíz de varias queixas das ANPA ante o "Valedor do Pobo", esta institución emitiu a seguente conclusión:

Debe tomarse en consideración que o principio de precaución implica que no haxa actividade lectiva en ningún momento mentres duran os traballos, se limpia a zona e faisen as medicións finais para garantizar que non existen fibras de amianto no ambente, desprendidas durante a manipulación das placas. Non hai outro modo de asegurar que no houbo exposición á inhalación de fibras.

Este criterio do "Valedor do Pobo" é o que exiximos as ANPA e as suas federacións que cumpla a Consellería na retirada de material con amianto nas obras dos centros escolares. Tamén que a operación se realice nun periodo non lectivo de duración suficiente que permita asegurar que no momento en que se reanude a actividade lectiva non existen fibras de amianto no ambente.

A Consellería comprometeuse a realizar esas tareas de retirada de ese modo. Debido á poca cantidade de material a retirar, din que poden acollerse a unha autorización simplificada por parte do ISSGA para esa retirada e intentarían realizar esa retirada dos paneles antes do comezo das clases. En caso de que non sexa posible por non obter a autorización do ISSGA a tiempo, esperarían a un periodo non lectivo de duración suficiente.

Estaremos vixiantes para que a retirada do amianto se faga según o procedimiento expuesto polo "Valedor del Pobo".

Outras obras

Por outra parte a lo longo desta semana se levarán a cabo outras obras por parte da Consellería para a mellora da accesibilidade.

FacebookTwitterRSS