Main menu

Xa tendes dispoñibles a información sobre a Escola Deportiva Municipal e das actividades extraescolares para o curso 2018-19 e  e outras informacións de interés, incluíndo as actividades non organizadas directamente pola ANPA (Suh Sport, FANPA, Budo, Rías do Sur). Tamén tedes o formulario para solicitar as actividades organizadas pola ANPA. O formulario para facerse socio da ANPA o teredes dispoñible nuns días nesta mesma páxina.

Información de actividades:

Descarga da información completa (o listado de actividades non está actualizado) e o formulario de solicitude de actividades:

Actividades organizadas pola ANPA

Actualizamos a tabla de actividades co estado actual de cada actividade:

  • Aberta: Actividade en marcha e coa inscrición todavía aberta (prazas dispoñibles)
  • Pechada: Actividade en marcha pero coa inscrición pechada (todas as prazas ocupadas)
  • Cancelada: Actividade que non se impartirá por non acadar o número mínimo de inscritos.
ActividadeEstadoCursosDíaHorarioHoras semanaisPrezo socios da ANPA
Futbito* Aberta 6ºEI – 2º prim. Luns e xoves 16:30 – 17:30 2 20€ / trimestre
(60€ ano)
3º - 6º prim.
Natación Campolongo* Pechada 5º EI en adelante Luns, martes, mércores, xoves ou venres 16:30 – 17:15
ou
17:15 – 18:00
0,75 25€ / cuadrimestre
(50€ ano)
Aerodance Cancelada 4 – 7 anos Mércores 16:00 – 17:00 1 12€ / mes
7 anos en adelan. Viernes 16:00 – 17:00 1
Esgrima* Cancelada Primaria Xoves 16:00 – 17:00 1 10€ / mes
Bádminton* Aberta Primaria Mártes 16:00 – 17:00 1 8€ / mes
24€ / trimestre
70€ / ano
Salvamento acuático*
(confirmar praza no 649408291)
Pechada Primaria
(obrigatorio que saiban nadar)
Mércores e/ou venres 16:45 – 17:30 0,75 ou 1,5 1 día: 28€ trimestre
2 días: 42€ trimestre
Balonmán Cancelada Primaria Pendente confirmar Pendente confirmar 1 0€
Informática (mecanografía, ofimática, etc) Aberta Primaria. Venres 16:00 – 17:30 1,5 15€ / mes
Ballet Aberta Infantil – 1º prim. Luns 16:00 – 17:00 1 12€ / mes
2º - 6º prim. Luns 17:00 – 18:00 1
Percusión tradicional Cancelada A partires dos 5 anos Martes 16:00 – 17:00 1 20€ / mes
Debuxo e pintura Aberta Primaria Mércores ou Venres 16:00 – 18:00 2 15€ / mes
Preábaco e ábaco Aberta Infantil e primaria Luns 16:00 – 17:00 1 15€ / mes
(20€ matrícula novos,
10€ outros anos)
Lingua de signos Cancelada Infantil Luns 16:30 – 17:30 1 15€ / mes
1º - 3º primaria Luns 17:30 – 18:30 1
4º - 6º primaria Luns 18:30 – 19:30 1

* Actividades subvencionadas polo Servizo de Deportes do Concello de Pontevedra incluídas na Escola Deportiva Municipal de Mourente “ANPA Os Valados”

O PREZO PARA OS NON SOCIOS PARA CADA ACTIVIDADE TERÁ UN INCREMENTO DE 4€ POR MES.

Actividades organizadas por outras entidades

Coma outros anos teredes outras actividades que non organiza directamente a ANPA, pero que ten prezos especiais para os socios. Para información ou apuntarse nas actividades, consultar coa entidade que a imparte:

  • Ximnasio Suh Sport (Tlf 986108245; web: http://suhsport.com/):
    • Taekwondo e aerodance: Temos un acordo que fai prezos especias os membros do colexio. Os interesados tedes máis información en folla anexa.
  • Piscina Rías do Sur:
    • Unha sesión á semana os mércores ás 16:30. Ten un prezo de 30.03€ / trimestre. Pasar pola piscina para apuntarse.
  • Ximnasio Budo:
    • Natación: teñen a posibilidade dunha hora ou dúas horas á semana. Para todo infantil e primaria. Os días son os martes (17:00), mércores (16:45), ou xoves (17:00). Máis información e inscricións no ximnasio. Prezos por trimestre:
      • Infantil: 1 día/semana 48€. 2 días/semana 78€
      • Primaria: 1 día/semana 39€, 2 días/semana 73€
  • FANPA. Tedes a información de cada actividade na páxina http://www.nontedurmas.org :
    • Playing English: organizado pola FANPA. Na web da FANPA (www.nontedurmas.org) ou no tríptico que vos enviarán teredes máis información. No caso do Vilaverde, as clases serán os martes e xoves en dúas quendas: de 16 a 17 e de 17 a 18. Hai a posibilidade de preparar os exames do Trinity College
    • Programa PAE: organizado pola FANPA. Apoio específico a nenos e nenas con NEE.
    • Actividade de ábaco para primaria e secundaria.
    • Taller “creación tecnolóxica”: Comeza en outubro. De 8 a 12 anos. Os sábados de 10:30 a 12:00 na FANPA.
    • Clube de ciencia e tecnoloxía. De 11 a 14 anos. Os sábados de 12:00 a 13:30 na FANPA.
    • Preparación dos exames da U. de Cambrigde (secundaria)

Actividades Suh Sport

FacebookTwitterRSS