Main menu

Xa tedes dispoñible o impreso para inscribiros coma socios da ANPA para o curso 2018-2019. O prazo remata o día 31 de outubro (improrrogable)

Para facerse socio é necesario pagar a cota anual establecida actualmente en 20€ por familia e remitir físicamente o formulario totalmente cuberto e asinado por todos os titores antes do 31 de Outubro de cada curso escolar. No caso de estar a oficina da ANPA pechada podedes deixalo no buzón.

O pago do importe da cota deberá facelo mediante calquera dos seguintes medios:

  • Transferencia bancaria á conta ES54-2100-4781-1702-0015-6775 indicando no concepto da transferencia o nome e apelidos dos nenos ou nenas. A data límite de pagamento é o 31 de outubro de cada curso escolar. Debedes axuntar copia do xustificante da transferencia co formulario de inscrición na ANPA. Deberedes gardar o resgardo porque é o xustificante de ter pagado a cota da ANPA para ese curso.
  • Domiciliación en conta. Tamén dase opción de que o pago se faga por cargo na conta do socio indicando no formulario de alta os datos da conta e cubrindo e asinando os datos da autorización para facer dito cargo. O cargo en conta faráse os primeiros días do mes de novembro.
  • Pago en efectivo. Pódese facer o pago en efectivo no local da ANPA exclusivamente o 29/10/2018 en horario de 16:30 a 18:00. Procurar traer o importe xusto.

Por restriccións debidas ás médidas contra o blanqueo de capitais, non é permitido o pago da cota da ANPA mediante ingreso directo en efectivo na conta da ANPA. Se se quere pagar na conta, debe ser mediante transferencia dende a conta bancaria do socio.

No formulario de inscrición tedes a posibilidade de solicitar o seguro de accidentes escolar para os nenos coa compañía Allianz. Ten un custe de 7,5€ por neno e curso escolar. Se xa o solicitastes co formulario de actividades, marcar aquí tamén que desexades contratar o seguro para ese neno. Tedes as principais características de dita póliza na circular de comezo de curso

Asimesmo por mor da LOPD e RXPD se ten que mandar cuberto e asinado por todos os titores o formulario de inscrición correspondente a cada curso escolar. E dicir, aínda que non mudase nengún dato, débese cubrir, asinar e remitir o formulario.

FacebookTwitterRSS