CONVOCATORIA
Pola presente o presidente da Asociación de Nais e Pais de Alumnos “Os Valados” convoca aos asociados, á Asemblea xeral ordinaria que terá lugar o mércores 28 de novembro de 2018, ás 19:30 horas en primeira convocatoria e ás 20:00 horas en segunda convocatoria nas instalacións do CEIP Vilaverde - Mourente coa seguinte:
ORDE DO DÍA
- Lectura e aprobación, se procede, da acta da Asemblea anterior.
- Lectura e aprobación, se procede, de modificación dos estatutos da asociación.
- Lectura e aprobación, se procede, do Regulamento de Réxime interno da asociación
- Memoria do curso 2017-2018
- Presentación e aprobación, se procede, das contas do curso 2017-2018
- Presentación e aprobación, se procede, do orzamento para o exercicio 2018-2019.
- Actividades previstas para o curso 2018-2019
- Incidencias de comezo de curso: obras, comedor, transporte escolar, ...
- Renovación membros Xunta Directiva
- Rolda de intervencións.
Esperamos contar coa vosa asistencia.
Pontevedra 10 de novembro de 2018
O presidente,
Javier Sánchez Sobral