Main menu

O calendario escolar de Galicia para o curso 2018/19 foi aprobado pola Orde do do 28 de maio de 2018 publicada no DOG 109 de 8 de xuño de 2018.

As clases do curso escolar 2018/19 en segundo ciclo de infantil e en educación primaria, principiarán o día 12 de setembro de 2018 e rematarán o 21 de xuño de 2019.

Os periodos de vacacións serán:

  • Nadal: dende o día 22 de decembro de 2018 ata o día 7 de xaneiro de 2019, ambos inclusive.
  • Entroido: días 4, 5 e 6 de marzo de 2019.
  • Semana Santa: dende o día 13 ata o 22 de abril de 2019, ambos inclusive.

Haberá que engadir os correspondentes festivos locais e/ou días elixidos polo centro.

2018 2019 calendario escolar

2018 2019 calendario escolar 2

FacebookTwitterRSS