Aquí atoparás información sobre a nosa A.N.P.A. (Asociación de Nais e Pais de Alumnos): Quenes somos, como colaborar, que facemos, etc.
Xa tendes dispoñibles a información sobre as actividades extraescolares para o curso 2016-17 e outras informacións de interés. Tamén tedes os formularios para solicitalas e o formulario para facerse socio da ANPA.
Pola presente o presidente da Asociación de Nais e Pais de Alumnos “Os Valados” convoca aos asociados e nais e pais que estean interesados nos temas a tratar, á Asemblea xeral ordinaria que terá lugar o 5 de Abril de 2016, ás 19:30 horas en primeira convocatoria e ás 20:00 horas en segunda convocatoria nas instalacións do CEIP Vilaverde - Mourente co seguinte:
ORDE DO DÍA
Ler máis...Xa tendes dispoñibles a información sobre as actividades extraescolares para o curso 2015-16 e outras informacións de interés. Tamén tedes os formularios para solicitalas e o formulario para facerse socio da ANPA.
Pola presente o presidente da Asociación de Nais e Pais de Alumnos “Os Valados” convoca aos asociados e nais e pais que estean interesados nos temas a tratar, á Asemblea xeral ordinaria que terá lugar o 10 de Novembro de 2014, ás 19:30 horas en primeira convocatoria e ás 20:00 horas en segunda convocatoria nas instalacións do CEIP Vilaverde - Mourente co seguinte:
ORDE DO DÍA
Ler máis...Xa tendes dispoñibles a información sobre as actividades extraescolares para o curso 2014-15 e outras informacións de interés. Tamén tedes os formularios para solicitalas e o formulario para facerse socio da ANPA.
A xunta directiva da A.N.P.A "Os Valados" do CEIP Vilaverde-Mourente actualmente está formada por:
Cargo | |
---|---|
Presidencia | Javier Sánchez |
Vicepresidencia | Eloy López |
Administración - Tesourería | Olalla Sieiro |
Secretaría | Inma Martínez |
Vogal - Delegada comedor | Sere Illán |
Vogal | Patricia Franco |
Vogal | Patricia Dopazo |
Vogal | Montse Trigás |
Vogal | Vanesa Brandón |
Vogal | Betty Martínez |
Vogal | Bea Castro |
Composición actualizada curso 2018-2019
A partires do curso 2018-2019 cambiamos de entidade bancaria.
O número de conta para facer os pagos por TRANSFERENCIA dende a vosa conta é:
ES54-2100-4781-1702-0015-6775
Recordámosvos que nesta conta, debido as restriccións das medidas contra o branqueo de capitais, non se poden facer ingresos en efectivo. Soamente admitimos transferencias dende a vosa conta. Recordamos tamén que para certos pagos tamén os ofrecemos a opción de domiciliar o pago á vosa conta.
Vostede pode poñerse en contacto coa A.N.P.A. das seguintes maneiras:
Por outra banda, podedes estar informados da actualidade da ANPA a través dos seguintes canles:
Para facerse socio é necesario pagar a cota anual establecida actualmente en 20€ por familia antes do 31 de Outubro de cada curso escolar e remitir físicamente o formulario totalmente cuberto e asinado por todos os titores se non se presentou nos curso 2018/2019 ou posteriores. Se se produciron cambios nos datos (datos de contacto, nenos/as escolarizados no centro, forma de pago, ...) deberase entregar un formulario novo totalmente cuberto e asinado por todos os titores.
O pago do importe da cota deberá facelo mediante calquera dos seguintes medios:
Por restricción debidas ás médidas contra o blanqueo de capitais, non é permitido o pago da cota da ANPA mediante ingreso directo en efectivo na conta da ANPA. Se se quere pagar na conta, debe ser mediante transferencia dende a conta bancaria do socio.
Asimesmo por mor da LOPD e RXPD se ten que mandar cuberto e asinado por todos os titores o formulario de inscrición. Deberase remitir o formulario totalmente cuberto e asinado cada vez que se produza un cambio nos datos que contén.
A participación dos pais e nais do alumnado na educación dos seus fillos a través das ANPAS e na xestión democrática dos centros sostidos con fondos públicos, é un logro da transición democrática no noso país.
Este proceso quedou reflexado no artigo 27 da Constitución española:
Artigo 27
- Todos teñen dereito á educación. Recoñécese a liberdade de ensino.
- A educación terá por obxecto o pleno desenvolvemento da personalidade humana no respecto ós principios democráticos de convivencia e ós dereitos e liberdades fundamentais.
- Os poderes públicos garanten o dereito que asiste ós pais para que os seus fillos reciban a formación relixiosa e moral que estea de acordo coas súas propias conviccións.
- O ensino básico é obrigatorio e gratuíto.
- Os poderes públicos garanten o dereito de todos á educación, mediante unha programación xeral do ensino, con participación efectiva de todos os sectores afectados e a creación de centros docentes.
- Recoñéceselles ás persoas físicas e xurídicas a liberdade de creación de centros docentes, dentro do respecto ós principios constitucionais.
- Os profesores, os pais e, se procede, os alumnos intervirán no control e xestión de todos os centros sostidos pola Administración con fondos públicos, nos termos que a lei estableza.
- Os poderes públicos inspeccionarán e homologarán o sistema educativo para garantir o cumprimento das leis.
- Os poderes públicos axudarán os centros docentes que reúnan os requisitos que a lei estableza.
- Recoñécese a autonomía das universidades, nos termos que a lei estableza.
Podes participar na ANPA facéndote socio co boletín correspondente, e se ademais podes dedicar un pouco de tempo, podes colaborar coa Xunta Directiva da ANPA nalgunha tarefa concreta. Esta dedicación pode ser moi diversa:
Todo o que fagamos redundará nun incremento da calidade da educación dos nosos fillos e fillas.