Main menu

A ANPA

Aquí atoparás información sobre a nosa A.N.P.A. (Asociación de Nais e Pais de Alumnos): Quenes somos, como colaborar, que facemos, etc.

Quenes somos

A A.N.P.A. (Asociación de Nais e Pais de Alumnos) está aberta a todos os pais, nais ou tutores legais dos alumnos do C.E.I.P. Vilaverde - Mourente (Pontevedra) e que voluntariamente decidimos asociarnos.

Somos unha asociación sen ánimo de lucro e estamos integrados na Federación Provincial de ANPA de Centros Públicos de Pontevedra (FANPA).

Os fins da nosa ANPA segundo os nosos estatutos son:

  • Asistir ós pais e titores en todo aquilo que atiuxe á educación dos seus fillos e pupilos.
  • Colaborar nas actividades educativas e extraescolares do Centro.
  • Promover a participación dos pais dos alumnos na xestión do Centro.
  • Asistir ós  pais dos alumnos no exercicio do seu dereito a intervir no control e xestión do Centro.
  • Facilitar a representación dos pais de alumnos no Consello Escolar do Centro.
  • Estimular a participación dos pais dos alumnos na programación xeral da ensinanza a través do órgano colexiado correspondente.
  • Fomentar as relacións de cooperación do Centro con outros establecementos escolares e os sectores sociais e culturais do contorno.
  • Promover a plena realización do principio de gratuidade no ámbito do Centro, así como a efectiva igualdade de dereitos de todos os alumnos sen discriminación por razóns socioeconómicas, idelóxicas, confesionais, raza ou sexo.
  • Requirir ós poderes públicos o cumprimiento das leis, regulamentos e plans de actuación relativos á educación, demandando a atención e axudas que esta merece.
  • Promover actividades formativas, culturais e de estudio.
  • Promover reunións de colaboración de pais con profesores e as boas relacións entre ambos.
  • E todos aqueles outros non recollidos nos estatutos e que sexan conformes á lei.

Subcategorías

FacebookTwitterRSS