Main menu

O vindeiro domingo 29 de maio de 2022 organizaremos a primeira XINCANA URBANA da ANPA do CEIP Vilaverde - Mourente. Terá lugar polas rúas do centro histórico de Pontevedra. O horario será dende as 10:30 ata as 13:00. A temática da actividade será: COÑECES A TÚA CIDADE?

 Para participar na xincana formaranse grupos de entre 6 e 8 participantes. No grupo poden participar persoas de todas as idades. Os menores deberán ir acompañados por algún adulto que se faga responsable de eles. Nun mesmo grupo poden ir unha ou varias familias, así que anímadevos e formar un grupo coa vosa familia, os veciños, os amigos. Se de todas formas queredes participar e non chegades ao mínimo de 6 participantes, podedes inscribiros igual, e se finalmente non conseguides completar o grupo os xuntaremos con outro grupo que estea na mesma circunstancia.

Para inscribiros, tedes ata o venres 27 ás 15:00 horas. Tamén podedes modificar os integrantes do grupo unha vez inscritos ata dita data. A inscrición farase a través do formulario online dispoñible en https://forms.gle/JfSuMY1ErvP3Eugp8

Un dos adultos do grupo terá que levar móvil, para poder tomar as fotos que servirán como comprobación da realización das diferentes probas.

O horario da actividade será:

  • 10:30 - 11:00 Concentración dos participantes na praza da Pedreira (fronte o Pazo de Mugartegui)
  • 11:00 - 12:30 Desenvolvemento das probas
  • 12:30 - 13:00 Validación das probas e sorteo de regalos no punto de encontro

Como recordo da actividade farase un album con información das probas e imaxes aportadas polos diferentes grupos participantes, que se fará chegar posteriormente.

O funcionamento da proba será:

  • A cada grupo se lle entregará un manual coas diferentes probas a realizar, no que se recolle información de cada un dos lugares. As probas tratarán sobre lugares emblemáticos da zona monumental de Pontevedra. Por exemplo terán que encontrar un elemento arquitectónico determinado nun edificio ou unha escultura determinada. O grupo deberá facer unha fotografía de todo o grupo no lugar de cada proba, para validala. Todas as probas deberánse facer pola totalidade do grupo. A orde das probas será diferente para cada grupo, para que non se produzan aglomeracións.
  • Non se trata dunha carreira para ver que grupo remata antes, senón de pasar un rato divertido descubrindo curiosidades da nosa cidade, polo que non haberá premios segundo a orde de chegada. Os agasallos que se entreguen serán ou ben a todos os grupos ou por sorteo entre os que completen todas as probas.
  • De 10:30  a 11:00 nos concentraremos na praza da Pedreira e organizaremos os grupos e contestaremos a todas as dúbidas.
  • De 11:00 a 12:30 terá lugar a actividade. Está preparada para que leve aproximadamente unha hora, aínda que daremos media hora máis para permitir que todos os grupos acaben todas as probas.
  • De 12:00 a 13:00 iremos validando as probas os grupos según vaian chegando ao punto de encontro e posteriormente faremos o sorteo e entrega de agasaios entre os grupos.
  • É importante levar a ropa axeitada e calzado cómodo segundo a climatoloxía prevista para ese día. Soamente se suspenderá ou adiará a actividade no caso de que a climatoloxía sea bastante adversa.
  • Pola natureza da proba, é indispensable ter autorización de todos os participantes para o uso das imaxes da proba para a confección do album que se distribuirá posteriormente entre os grupos participantes.
  • Animádeos a facer o voso grupo distintivo. Podedes vir disfrazados, ou todos con gorro, ou todos con camiseta laranxa, ... O que se vos ocorra para pasar un rato divertido.
  • É unha proba pensada para realizar en familia (nais, pais, fillas, fillos, avoas, avós,..) pero o tamaño dos grupos permiten tamén incluir amigos, veciños, etc. O único requisito a cumprir é que unha das familias do grupo teña relación co CEIP Vilaverde - Mourente.
  • Os adultos deberán responsabilizarse dos menores do grupo. Aínda que a zona na que se realizará a proba é fundamentalmente peatonal, deberedes extremar as precaucións pola posible circulación ocasional de vehículos.
  • A actividade é de balde. No caso de non poder asistir comunicádeo o antes posible ao teléfono 690 731 207 ou no correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. No caso de non asistir sin causa justificada ou comunicación previa, os integrantes do grupos serán excluídos das actividades futuras organizadas pola ANPA.

FacebookTwitterRSS