Información sobre as actividades levadas a a cabo pola ANPA "Os Valados" do CEIP Vilaverde - Mourente (Pontevedra)
O CEIP Vilaverde-Mourente celebrará o sábado día 21 de maio de 2022, a partires das 10:45 da mañá o XXVI CROSS ESCOLAR.
A proba está aberta á participación de todos os alumnos e alumnas de educación infantil e primaria dos centros escolares públicos do Concello de Pontevedra.
Ler máis...Xa tendes dispoñibles a información sobre a Escola Deportiva Municipal e das actividades extraescolares para o curso 2021-22 e e outras informacións de interés, incluíndo as actividades non organizadas directamente pola ANPA. Tamén tedes o formulario para solicitar as actividades organizadas pola ANPA. O formulario para facerse socio da ANPA o tendes dispoñible eiquí.
Ler máis...A continuación expoñemos as principais características dos servizos de madruga e comedor para curso 2021-2022
Ler máis...A continuación expoñemos as principais características dos servizos de madruga e comedor para curso 2020-2021
Ler máis...O pasado 22/07/2020 as Consellerías de Educación e Sanidade aprobaron o "Protocolo de adaptación ao contexto da COVID-19 nos centros de Ensino non Universitario de Galicia para o curso 2020-2021". Neste documento están recollidas as condicións nas que se desenvolverán para o curso 2020-21 as clases, os servizos de madruga e comedor, as actividades extraescolares, as actividades complementarias, transporte, etc. Para a confección de dito protocolo, en ningún momento contouse coa participación das familias.
De aplicarse as medidas recollidas, os servizos de madruga e comedor, cos espazos dispoñibles actualmente, nun cálculo preliminar, levarían a unha redución no aforo de ditos servizos dun 80%. Con esa redución, e o resto de medidas de prevención necesarias, levarían a un incremento do custe de aproximadamente un 100% (o dobre).
Ler máis...Os presentamos as consideracións feitas polas ANPA que teñen o servizo de comedor xestionado pola FANPA na reunión urxente do día 28/07/2020 para tratar as consecuencias da aplicación das medidas recollidas no protocolo presentado fai uns días pola Consellería de Educación.
Consideramos que ditos servizos non son opcionais, xa que son necesarios para moitas familias que teñen a necesidade de conciliaciar a vida laboral e familiar. Por tanto teñen que producirse unha serie de cambios por parte da Consellería para poder seguir coa organización de ditos servizos.
Ler máis...ACTUALIZACIÓN: A partires de decembro de 2019 o ximnasio pechou as súas instalacións. A actividade de taekwondo séguese impartindo a través do club de taekwondo.
A continuación vos presentamos as condicións especiais que ofrece o ximnasio Suh Sport para as familias socias do ANPA.
Ler máis...Xa tendes dispoñibles a información sobre a Escola Deportiva Municipal e das actividades extraescolares para o curso 2019-20 e e outras informacións de interés, incluíndo as actividades non organizadas directamente pola ANPA (Suh Sport, FANPA, Budo, Rías do Sur). Tamén tedes o formulario para solicitar as actividades organizadas pola ANPA. O formulario para facerse socio da ANPA o tendes dispoñible eiquí.
Ler máis...Información sobre a o servizo de comedor - madruga para o curso 2019-2010. Tedes a comunicación de ARUME e o detalle dos prezos nun descargable ao final.
A empresa encargada da xestión seguirá sendo ARUME. Este curso produciuse unha actualización dos prezos dos servizos polo incremento do IPC e custos laborais e un par de melloras que se incluíron no contrato. O importe dos prezos é sin a posible subvención do Concello, xa que aínda non se asinou o novo convenio que o recolla. Unha vez haxa novo convenio e se coñeza o seu importe, actualizarase o importe e os prezos cambiarán á baixa.
Para efectuar a solicitude de alta para o curso 2019/20 dos servizos complementarios de comedor e madruga, a vía preferente é a través da aplicación móvil ou da plataforma web.
Ler máis...O vindeiro Martes 21 de Maio de 2019 ás 20:00 horas no comedor do colexio, terá lugar a reunión para os que fixeron a reserva para o campamento 2019.
Ler máis...