Información sobre as actividades levadas a a cabo pola ANPA "Os Valados" do CEIP Vilaverde - Mourente (Pontevedra)
Despois de chegar ao camping e instalarnos nos bungalows, nos demos un chapuzón na piscina. Despois de cear, fixemos un xogo nocturno (non hai fotos debido a escuridade reinante)
Ler máis...O Martes 10 de Maio de 2016 ás 20:00 horas no comedor do colexio, terá lugar a reunión para os que fixeron a reserva para o campamento 2016.
O importe total por neno serán 80€. O importe pendente, unha vez descontado o importe da reserva (20€), deberá ser aboado ese día na reunión. O importe a aboar será:
Ler máis...O sábado 7 de maio de 2016 celebramos o XXII Cross escolar do CEIP Vilaverde - Mourente. Participaron alumnos de diferentes centros do Concello de Pontevedra. En total foron 405 os participantes.
Tamén tivemos unha carreira de pais e nais e de ex-alumnos e ex-alumnas que están nos dous primeiros cursos da ESO.
Os resultados foron os seguintes:
Ler máis...O CEIP Vilaverde-Mourente celebrará o vindeiro sábado día 07 de maio, a partir das 10:30 da mañá o XXII CROSS ESCOLAR.
A proba está aberta á participación de todos os alumnos e alumnas de educación infantil e primaria dos centros escolares públicos do Concello de Pontevedra. A inscrición é a través dos centros e ANPA colaboradores, no correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou no propio centro escolar ata momentos antes do comezo das probas. Esperamos acercarnos aos 500 escolares inscritos.
Ler máis...Información sobre a o servizo de comedor - madruga para o curso 2016-2017. Tedes o formulario de solicitude ao final.
Dende este inicio do curso 201617 a empresa SERUNION que desenvolvía o servizo transfórmase nunha nova empresa denominada ARUME, con sede social en Galicia.
Ler máis...Como ven sendo habitual, a ANPA organiza no vindeiro mes de Maio un campamento para nenos e nenas dos cursos 3º, 4º, 5º e 6º de primaria.
Este ano volvemos a repetir no cámping PRAIA PAISAXE II en San Vicente de O Grove. Se queredes ver imaxes do camping: Camping praia paisaxe II.
Ler máis...É un programa de lecer e tempo libre dirixido ás familias dos colexios públicos do concello de Pontevedra. O obxectivo desta iniciativa é favorecer a participación familiar en actividades nas que poder compartir experiencias, diversión e aprendizaxe.
Ler máis...Trátase de clases de lingua inglesa oral para nenos de infantil e primaria. Son dúas horas á semana e impartense nos centros de:
No Vilaverde serán os Martes e Xoves (existe un erro nos dípticos enviados)
Ler máis...Durante o período lectivo de outubro a xuño (incluídos) terá lugar no CEIP Vilaverde a Escola Deportiva Municipal de Mourente “ANPA Os Valados”.
Unha actividade deportiva dirixida a nenos de infantil e primaria, cunha duración de dúas horas semanais co seguinte horario:
Ao estar subvencionado polo IMD, o prezo máximo por actividade será de entre 40€ e 70€ todo o curso. Pagarase 20€ no primeiro trimestre, 20€ no segundo trimestre. O prezo do terceiro trimestre estará entre 0 e 30€, segundo o custe real que teña a actividade.
As actividades a desenvolver serán introdución á práctica deportiva (multideportes), futbito e esgrima.
Se necesitades máis información non dubidedes en chamar ou pasarvos pola oficina da ANPA.
Información sobre o servizo de comedor e madruga para o curso 2015-2016. Inclúese o formulario de inscrición.