Información sobre as actividades levadas a a cabo pola ANPA "Os Valados" do CEIP Vilaverde - Mourente (Pontevedra)
Aquí están as imaxes dos integrantes dos diferentes bungalows do campamento 2014.
Ler máis...Hoxe despois do almorzo fixemos un xogo no camping no que unhas bruxas nos querían coller para facer un conxuro para revivir aos seus ancestros e despois baixamos á praia para darnos un baño, e xogar ao brilé e voleibol.
Despois de xantar, fixemos manualidades e despois aproveitamos para darnos o último baño na piscina.
Ler máis...Hoxe, despois de levantarnos, e facer un pouco de ximnasia para estirar os músculos, almorzamos. Unha vez lavados os dentes, baixamos á praia a facer un xogo de orientación en grupos na praia e no pinar que está xunto á praia.
Ler máis...Hoxe chegamos ao campamento, e despois de instalarnos, probamos a piscina.
Ler máis...Saída: venres 30 de maio, ás 16:30 horas.
Regreso: domingo 1 de xuño, arredor das 20:00 horas.
Deben levar:
Ler máis...O vindeiro Luns 19 de Maio de 2014 ás 19:30 horas no comedor do colexio, terá lugar a reunión para os que fixeron a reserva para o campamento 2014.
O importe total por neno serán 80€. O importe pendente, unha vez descontado a reserva (20€),
deberá ser aboado previamente na conta bancaria do BBVA (ES80-0182-5151-27-0201538379) ou ese día na reunión. O importe a aboar será:
O pasado sábado 10 de maio celebramos o XX Cross escolar do CEIP Vilaverde - Mourente. Participaron alumnos de diferentes centros do Concello de Pontevedra.
Ler máis...O CEIP Vilaverde-Mourente celebrará o vindeiro sábado día 10 de maio, a partir das 10 da mañá o XX CROSS ESCOLAR.
A proba está aberta á participación de todos os alumnos e alumnas de educación infantil e primaria dos centros escolares públicos do Concello de Pontevedra. A inscrición estará aberta ata momentos antes do comezo das probas. Esperamos superar os 500 escolares inscritos.
Ler máis...Días: 14, 15 e 16 de abril
Horario: de 9:00 a 14:00 horas
Lugares: CEIP Campolongo e no CEIP Manuel Vidal Portela.
Ler máis...O venres 28 finalizou o prazo para a reserva de praza para o campamento 2014 que organiza a ANPA para o fin de semana do 30 de maio ao 2 de xuño do 2014. Por tanto, xa no se aceptan novas reservas. Necesitamos que os que fixéchedes o ingreso entreguedes o formulario de reserva canto antes (se aínda non o fixéchedes).
O número de reservas superou o número de prazas que se ofertaban. Intentaremos acomodar o exceso de nenos e nenas, pero en caso de que non os poidamos acomodar, quedarán fora os últimos en facer o ingreso (intentaremos que non pase).
Por outra banda, os recordamos que para ter dereito ó desconto que se fará do prezo aos socios da ANPA, é necesario ter entregado o formulario de socio e a copia do resguardo do ingreso da cota no banco.