Xa tendes dispoñibles a información sobre a Escola Deportiva de Promoción Municipal e das actividades extraescolares para o curso 2023-24 e  e outras informacións de interés, incluíndo as actividades non organizadas directamente pola ANPA. Tamén tedes o formulario para solicitar as actividades organizadas pola ANPA. O formulario para facerse socio da ANPA o tendes dispoñible eiquí.

Tedes un resumo das actividades extraescolares ofertadas nesta mesma páxina ou no seguinte documento:

Seguro de accidentes

Para a participación nas actividades extraescolares e E.D.P.M. realizadas no centro, é recomentable a contratación do seguro de accidentes que ofrece a ANPA aos socios, que ten un custe de 6€/anuais e que cubre os accidentes durante as actividades extraescolares organizadas pola ANPA ou as actividades lectivas no horario escolar. Tedes a información na páxina sobre a inscrición de socios. No caso de non contratar o seguro, en caso de accidente na actividade extraescolar, o neno tería que ser atendido pola cobertura sanitaria que teña habitualmente a familia.
Para os non socios o custe do seguro vai incluído nos 30€ de matrícula e soamente cubriría a actividade extraescolar.

Información de actividades

 

Actividades organizadas pola ANPA

Estado:

  • Confirmada: todos os solicitantes admitidos e comenzará inmediatamente. Aínda pode apuntarse máis alumnado
  • Pendente mínimo: todavía non se cubriu o número mínimo de solicitudes e non comenza de momento.
  • Pechada: Xa non se admiten solicitudes para esta actividade
  • Cancelada: moi poucas solicitudes e decidiuse non realizar a actividade

Custe de matrícula nas actividades extraescolares:

  • 0€ para familias socias da A.N.P.A. para o curso 2023/2024
  • 30€ para familias non socias da A.N.P.A. para o curso 2023/2024 (inclúe o seguro de accidentes)

Actividades extraescolares propostas:

Para a decisión das actividades que se levan a cabo e cales non, se terá en conta as solicitudes recibidas pola empresa organizadora ata o 22 de setembro. As actividades que nesa data non acadaran o número mínimo de inscritos cancelaranse. Actualizarase o listado nesta mesma páxina con esa información. Cómo inscribirse

ActividadeEstadoCursosDíaHorarioHoras semanaisPrezo socios da ANPA
Multideporte* Confirmada Ed. infantil Venres 16:00 – 17:00 1 35€ / cuadrimestre*
Animación a la lectura / Cuentacuentos Cancelada Ed. infantil Xoves 16:00 – 17:00 1 15€ / mes
Baile moderno Cancelada Ed. infantil e primaria Luns 16:00 – 17:00 (infantil)
17:00 – 18:00 (primaria)
1 15€ / mes
Baloncesto* Pendente mínimo Primaria Luns
e
Venres
16:00 – 17:00 2 35€ / cuadrimestre*
Patinaxe Confirmada Primaria Mércores 16:00 – 17:00 1 35€ / cuadrimestre*
Robótica (inclúe material) Cancelada Primaria Xoves 16:00 – 17:30 1,5 25€ / mes
Pintura (inclúe material) Cancelada Primaria Venres 16:00 – 17:30 1,5 22€ / mes
Natación campolongo* Inscrición pechada. Consultar información aquí 0,75 30€ / cuadrimestre*

* Actividades para as que se pediu subvención polo Servizo de Deportes do Concello de Pontevedra incluídas na Escola Deportiva de Promoción Municipal de Mourente “ANPA Os Valados”. No caso de que non se produza dita subvención os prezos serían 41,96€ / cuadrimestre a natación e 60€ / cuadrimestre as outras actividades correspondentes a E.D.M.

 

Inscrición nas actividades da ANPA

Para as actividades de baloncesto, patinaxe e multideporte a xestión da inscrición faina a ANPA directamente a través do formulario correspondente á Escola Deportiva de Promoción Municipal de Mourente. Deberedes enviarnos antes do 22 por correo electrónico a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. o seguinte formulario e posteriormente antes do inicio da actividade deixarnos o orixinal no noso buzón.

Para o resto de actividades tedes que enviar o formulario correspondente á empresa EDUCAOCIO ao email Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.. antes do 22 de setembro. Para consultas tedes ese mesmo correo ou o teléfono 622522709

 

Actividades organizadas por outras entidades

Coma outros anos teredes outras actividades que non organiza directamente a ANPA, pero que ten prezos especiais para os socios. Para información ou apuntarse nas actividades, consultar coa entidade que a imparte

  • FANPA. Tedes a información de cada actividade na páxina http://www.nontedurmas.org :
    • Playing English: organizado pola FANPA.  No caso do Vilaverde, as clases serán os martes e xoves en dúas quendas: de 16 a 17 e de 17 a 18. Hai a posibilidade de preparar os exames do Trinity College: Info na páxina da FANPA