Main menu

Novas

Nova páxina web da ANPA

Ola, o ANPA "Os valados" do CEIP Vilaverde - Mourente (Pontevedra) estrea páxina web. Eiquí atoparás toda a información que poida ser de utilidade ou interese para toda a comunidade educativa do CEIP Vilaverde.

Nos próximos días completaremos a web, xa que agora está bastante falta de contidos. A idea e que atopedes na páxina información puntual de todas as actividades que realiza a ANPA, e tamén outras actividades realizadas no concello (pola FANPA, Concello, asociacións, etc) de interese para as nosas familias.

Podedes Contactar coa ANPA para calquer dúbida ou suxerencia que teñades.

Un saúdo

A xunta directiva

Procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2015/2016

O prazo para a presentación de solicitudes vai dende o 1 de marzo ata o 23 de marzo de 2015.

Tedes información das prazas dispoñibles, documentación a presentar e os formularios no centro.

Reunión informativas sobre as reválidas

A FANPA organiza unha reunión informativa sobre as avaliacións de 3º e 6º de primaria recollidas na LOMCE.

A reunión terá lugar mañá xoves 5 de maio de 2016 ás 20:00 horas no auditorio do IES Sánchez Cantón.

Folga educativa e baleirado de aulas do 26 de outubro de 2016

Mañá mércores 26 de outubro de 2016 está convocada unha folga educativa e baleirado de aulas por parte dos sindicatos de alumnos e as ANPA de centros públicos a nivel de todo o estado. Está apoiada por CEAPA (estatal), CONFAPA (Galicia), FANPA (provincial) e a nosa ANPA. E unha xornada de folga contra as reválidas da LOMCE e os recortes en educación.

Ler máis...
Reunión Xunta obras

Obras de mellora da eficiencia enerxética no CEIP Vilaverde - Mourente

O pasado vernes o xefe territorial de educación, o delegado da Xunta en Pontevedra e un técnico visitaron p centro para dar detalles á dirección das obras de mellora de eficiencia enerxética que se realizarán no centro. En dita reunión estuvo tamén representada a ANPA.

Ler máis...

FacebookTwitterRSS