Xa tedes dispoñible o impreso para inscribiros coma socios da ANPA para o curso 2021-2022. O prazo remata o día 31 de outubro (improrrogable). O prezo por familia é de 20€.
Para facerse socio é necesario pagar a cota anual establecida actualmente en 20€ por familia antes do 31 de Outubro de cada curso escolar e remitir o formulario totalmente cuberto e asinado por todos os titores, se non se presentou no curso 2018/2019 ou posteriores ou non se mantivo a condición de socio durante os últimos cursos consecutivamente. Recordade cubrilo con letra clara, sobre todo os datos de contacto. Se se produciron cambios nos datos (datos de contacto, nenos/as escolarizados no centro, forma de pago, ...) ou ben non se foi socio no curso anterior deberase entregar un formulario novo totalmente cuberto e asinado por todos os titores.
Debido as circunstancias polo virus SARS-CoV-2, a oficina da ANPA permanecerá pechada. Este curso, o formulario da ANPA se enviará, escaneado ou unha foto nítida, ao correo da ANPA Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. Recordade que soamente é necesario enviar o formulario se non o entregáchedes o curso anterior ou mudaron os datos.
No formulario tedes a opción de seguir contratando o seguro de accidentes colectivo con AXA. Este ano a prima queda en 6€ / alumno para todo o curso. Recordade que cubre os accidentes, non soamente nas actividades organizadas pola ANPA (actividades extraescolares, cross, campamento, ...) , senón tamén durante a xornada escolar. Para apuntarvos soamente tedes que marcar a casilla correspondente no formulario e á hora de facer o pago engadir os 6€ por neno aos 20€ da cuota. As principais coberturas derivadas dun accidente son:
Se desexades máis información, estamos á vosa disposición. Temos a póliza para que poidades consultar o detalle de coberturas do seguro.
O pagamento do importe da cota (e o seguro opcional se desexades contratalo) deberá facelo mediante calquera dos seguintes medios:
Por restriccións debidas ás médidas contra o blanqueo de capitais, non é permitido o pago da cota da ANPA mediante ingreso directo en efectivo na conta da ANPA. Se se quere pagar na conta, debe ser mediante transferencia dende a conta bancaria do socio.
Asimesmo por mor da LOPD e RXPD se ten que mandar cuberto e asinado por todos os titores o formulario de inscrición. Deberase remitir o formulario totalmente cuberto e asinado cada vez que se produza un cambio nos datos que contén.