Main menu

Actividades

Información sobre as actividades levadas a a cabo pola ANPA "Os Valados" do CEIP Vilaverde - Mourente (Pontevedra)

Actividades para socios no Suh Sport 2019-2020

ACTUALIZACIÓN: A partires de decembro de 2019 o ximnasio pechou as súas instalacións. A actividade de taekwondo séguese impartindo a través do club de taekwondo.

A continuación vos presentamos as condicións especiais que ofrece o ximnasio Suh Sport para as familias socias do ANPA.

Ler máis...

Servizos de madruga e comedor para o curso 2020-2021

A continuación expoñemos as principais características dos servizos de madruga e comedor para curso 2020-2021

Ler máis...

Aportación da ANPA os nenos da excursión de 6º

Este ano a Xunta Directiva da ANPA decidiu que aportación da ANPA aos nenos de 6º que son socios este curso e que van a excursión fose variable en función da sua antigüedade coma socios.

Mandouse un SMS a un dos pais ou tutor de cada neno que constan como socios e que están apuntados a excursión. Para ser considerados como socios teñen que haber pagado no prazo estipulado e haber presentado o formulario de inscrición como socio da ANPA correctamente cuberto e asinado polos pais ou tutores.

Se non recibechedes o SMS e aboastedes a cota da ANPA no seu momento, podedes poñervos en contacto con nós no teléfono 690 731 207, para solucionar o tema.

Festa fin de curso 2013-14

Este sábado 14 de xuño teremos a festa de fin de curso.

Dende as 11 da mañá teremos as actuacións das diferentes actividades extraescolares e as organizadas polas clases.

Despois teremos a comida coma sempre, con venda de churrasco de porco, picantóns, polbo, chourizos, pizza e empanada. Os postres os porán os nenos de 5º para recaudar cartos para a excursión do ano que ven.

Para os nenos que se queden a comer faremos un sorteo de diferentes agasallos. Xa pola tarde teremos inchables para todas as idades. Recordamos aos nenos que levando a invitación da festa de fin de curso que vos entregaron en clase, recibiredes un xeado para refrescaros un pouco (parece que o sábado vai facer calor)

Esperamos contar coa vosa presenza.

Conta comigo 2016

É un programa de lecer e tempo libre dirixido ás familias dos colexios públicos do concello de Pontevedra. O obxectivo desta iniciativa é favorecer a participación familiar en actividades nas que poder compartir experiencias, diversión e aprendizaxe.

Ler máis...

FacebookTwitterRSS