Información sobre as actividades levadas a a cabo pola ANPA "Os Valados" do CEIP Vilaverde - Mourente (Pontevedra)
O CEIP Vilaverde-Mourente celebrará o sábado día 5 de maio de 2018, a partires das 10:30 da mañá o XXIV CROSS ESCOLAR.
A proba está aberta á participación de todos os alumnos e alumnas de educación infantil e primaria dos centros escolares públicos do Concello de Pontevedra.
Ler máis...Como ven sendo habitual, a ANPA organiza no vindeiro mes de Maio-Xuño un campamento para nenos e nenas dos cursos 3º, 4º, 5º e 6º de primaria. Realizarase no cámping PRAIA PAISAXE II en San Vicente de O Grove.
As datas para a realización do campamento serán dende o venres 31 de maio de 2019 ata o domingo 2 de xuño de 2019. A saída será sobre as 17 horas e o regreso o domingo a partires das 18 horas.
Ler máis...Xa tendes dispoñibles a información sobre a Escola Deportiva Municipal e das actividades extraescolares para o curso 2019-20 e e outras informacións de interés, incluíndo as actividades non organizadas directamente pola ANPA (Suh Sport, FANPA, Budo, Rías do Sur). Tamén tedes o formulario para solicitar as actividades organizadas pola ANPA. O formulario para facerse socio da ANPA o tendes dispoñible eiquí.
Ler máis...O pasado 22/07/2020 as Consellerías de Educación e Sanidade aprobaron o "Protocolo de adaptación ao contexto da COVID-19 nos centros de Ensino non Universitario de Galicia para o curso 2020-2021". Neste documento están recollidas as condicións nas que se desenvolverán para o curso 2020-21 as clases, os servizos de madruga e comedor, as actividades extraescolares, as actividades complementarias, transporte, etc. Para a confección de dito protocolo, en ningún momento contouse coa participación das familias.
De aplicarse as medidas recollidas, os servizos de madruga e comedor, cos espazos dispoñibles actualmente, nun cálculo preliminar, levarían a unha redución no aforo de ditos servizos dun 80%. Con esa redución, e o resto de medidas de prevención necesarias, levarían a un incremento do custe de aproximadamente un 100% (o dobre).
Ler máis...Hoxe os rapaces empezaron a volta a casa. De camiño a León, en Pajares, fixeron unha paradiña para disfrutar un pouco da neve.
Ler máis...