Información sobre as actividades levadas a a cabo pola ANPA "Os Valados" do CEIP Vilaverde - Mourente (Pontevedra)
Hoxe os rapaces visitaron o museo das covas de Altamira e despois de comer as covas de "El Soplao". Ao saír ao exterior despois de tanta cova, empezou a chover e decidiron voltar cedo ao hotel.
Ler máis...Xa está dispoñible na páxina da FANPA a información das ludotecas de Semana Santa que terán lugar os días 30, 31 de marzo e 1 de abril de 2015.
Ler máis...O CEIP Vilaverde-Mourente celebrará o sábado día 06 de maio de 2017, a partires das 10:30 da mañá o XXIII CROSS ESCOLAR.
A proba está aberta á participación de todos os alumnos e alumnas de educación infantil e primaria dos centros escolares públicos do Concello de Pontevedra. A inscrición é a través dos centros e ANPA colaboradores, no correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou no propio centro escolar ata momentos antes do comezo das probas. Esperamos acercarnos aos 500 escolares inscritos.
Ler máis...Como ven sendo habitual, a ANPA organiza no vindeiro mes de Maio-Xuño un campamento lúdico para nenos e nenas dos cursos 3º, 4º, 5º e 6º de primaria. Realizarase no cámping PRAIA PAISAXE II en San Vicente de O Grove.
As datas para a realización do campamento serán dende o venres 1 de xuño de 2018 ata o domingo 3 de xuño de 2018. A saída será sobre as 17 horas e o regreso o domingo a partires das 18 horas.
Ler máis...As actividades extraescolares este curso poderanse aboar ou ben mediante domiciliación bancaria dos recibos cubrindo o formulario dispoñible nesta páxina ou ben mediante transferencia bancaria dende a vosa conta á conta da ANPA.
Ler máis...