Main menu

Actividades

Información sobre as actividades levadas a a cabo pola ANPA "Os Valados" do CEIP Vilaverde - Mourente (Pontevedra)

Programa TDAH da FANPA e do Concello de Pontevedra

Debido ao crecente diagnóstico de trastornos de hiperactividade e déficit de atención na nosa comunidade, FANPA Pontevedra en colaboración co Concello consideraron necesaria a creación do Programa TDAH de apoio ás familias e ao entorno educativo, que inclúe intervención terapéutica cos nenos e nenas e formación ás familias. O Programa estase a desenvolver en Pontevedra dende Marzo de 2.010, grazas en gran medida a subvención do Concello a través do convenio que ten con FANPA Pontevedra.

Ler máis...

Primeiro día do Campamento 2016

Despois de chegar ao camping e instalarnos nos bungalows, nos demos un chapuzón na piscina. Despois de cear, fixemos un xogo nocturno (non hai fotos debido a escuridade reinante)

Ler máis...
Servizo de Deportes de Pontevedra

E.D.M. de Mourente "ANPA Os Valados" 2016-2017

Durante o período lectivo de outubro a xuño (incluídos) terá lugar no CEIP Vilaverde a Escola Deportiva Municipal de Mourente “ANPA Os Valados”.

É unha actividade deportiva dirixida a nenos de infantil e primaria, subvencionada polo IMD (Instituto Municipal de Deportes de Pontevedra), e o número de prazas dispoñibles é limitado.

Ler máis...

XIX Cross escolar do CEIP Vilaverde - Mourente

O CEIP Vilaverde-Mourente celebrará o vindeiro sábado día 20 de abril, a partir das 10 da mañá o XIX CROSS ESCOLAR.

A proba está aberta á participación de todos os alumnos e alumnas de educación infantil e primaria dos centros escolares públicos do Concello de Pontevedra. A inscrición estará aberta ata momentos antes do comezo das probas. Esperamos superar os 500 escolares inscritos.

 

Ler máis...

Convocatoria xuntanza campamento 2016

O Martes 10 de Maio de 2016 ás 20:00 horas no comedor do colexio, terá lugar a reunión para os que fixeron a reserva para o campamento 2016.

O importe total por neno serán 80€. O importe pendente, unha vez descontado o importe da reserva (20€), deberá ser aboado ese día na reunión. O importe a aboar será:

Ler máis...

FacebookTwitterRSS