Xa tedes dispoñible o impreso para inscribiros coma socios da ANPA para o curso 2020-2021. O prazo remata o día 31 de outubro (improrrogable). O prezo por familia é de 20€.

Procedemento de inscrición

Para facerse socio é necesario pagar a cota anual establecida actualmente en 20€ por familia antes do 31 de Outubro de cada curso escolar e remitir o formulario totalmente cuberto e asinado por todos os titores, se non se presentou no curso 2018/2019 ou posteriores. Recordade cubrilo con letra clara, sobre todo os datos de contacto. Se se produciron cambios nos datos (datos de contacto, nenos/as escolarizados no centro, forma de pago, ...) ou ben non se foi socio no curso anterior deberase entregar un formulario novo totalmente cuberto e asinado por todos os titores.

Debido as circunstancias debido ao virus SARS-CoV-2, a oficina da ANPA permanecerá pechada. Este curso, o formulario da ANPA se enviará, escaneado ou unha foto nítida, ao correo da ANPA Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.. Recordade que soamente é necesario enviar o formulario se non o entregáchedes o curso anterior ou mudaron os datos.

Seguro de accidentes opcional

No formulario tedes a opción de seguir contratando o seguro de accidentes colectivo con AXA. Este ano a prima baixou e o custe queda en 6€ / alumno para todo o curso. Recordade que cubre os accidentes, non soamente nas actividades organizadas pola ANPA (cross, campamento, ...) , senón tamén durante a xornada escolar. Para apuntarvos soamente tedes que marcar a casilla correspondente no formulario e á hora de facer o pago engadir os 6€ por neno aos 20€ da cuota. As principais coberturas derivadas dun accidente son:

  • Falecemento e incapacidade permanente por accidente
  • Asistencia sanitaria ilimitada nos centros concertados (libre elección 1500€)
  • Prótesis y asistencia dental: 1500€
  • Rotura de gafas (se o neno precisa atención médica): 300€
  • Profesor de apoyo: 10 días

Se desexades máis información, estamos á vosa disposición. Temos a póliza para que podades consultar o detalle de coberturas do seguro.

Pagamento

O pagamento do importe da cota (e o seguro opcional se desexades contratalo) deberá facelo mediante calquera dos seguintes medios:

  • Transferencia bancaria á conta ES54-2100-4781-1702-0015-6775 indicando no concepto da transferencia o nome e apelidos dos nenos ou nenas. A data límite de pagamento é o 31 de outubro de cada curso escolar. Unha vez verificado o pago, mandaremos unha mensaxe confirmandoo. Deberedes gardar o resgardo porque é o xustificante de ter pagado a cota da ANPA para ese curso e pode que volo solicitemos se temos problemas para identificar o pago. Calquer pagamento posterior ao 31 de outubro ignorarase.
  • Domiciliación en conta. Tamén dase opción de que o pago se faga por cargo na conta do socio indicando no formulario de alta os datos da conta e cubrindo e asinando os datos da autorización para facer dito cargo. O cargo en conta faráse os primeiros días do mes de novembro. Si se escolleu esta opción en cursos anteriores e non se desexa que se produza o cargo en conta este curso, deberase avisar á ANPA antes do 25 de outubro.

Por restriccións debidas ás médidas contra o blanqueo de capitais, non é permitido o pago da cota da ANPA mediante ingreso directo en efectivo na conta da ANPA. Se se quere pagar na conta, debe ser mediante transferencia dende a conta bancaria do socio.

Modificacións nos datos

Asimesmo por mor da LOPD e RXPD se ten que mandar cuberto e asinado por todos os titores o formulario de inscrición. Deberase remitir o formulario totalmente cuberto e asinado cada vez que se produza un cambio nos datos que contén.

Documentos