CONVOCATORIA
Pola presente o presidente da Asociación de Nais e Pais de Alumnos “Os Valados” convoca aos asociados, á Asemblea xeral ordinaria que terá lugar o martes 3 de novembro de 2020, ás 19:30 horas en primeira convocatoria e ás 20:00 horas en segunda convocatoria. Debido as restriccións sanitarias debido á COVID-19, levarase a cabo por medios telemáticos (videoconferencia). O día anterior os socios recibirán as instruccións e contrasinal por tokapp e correo electrónico para poder unirse á Asemblea.
ORDE DO DÍA
- Lectura e aprobación, se procede, da acta da Asemblea anterior.
- Presentación e aprobación, se procede, das contas do curso 2019-2020
- Presentación e aprobación, se procede, do orzamento para o exercicio 2020/2021
- Memoria do curso 2019/2020
- Actividades previstas para o curso 2020-2021
- Incidencias de comezo de curso: transporte, comedor,...
- Elección de membros da Xunta Directiva da asociación
- Rolda de intervencións
Todas aquelas persoas socias que queiran presentarse para a elección de membros da nova Xunta Directiva, deberán comunicalo no correo electrónico
Esperamos contar coa vosa asistencia.
Pontevedra 16 de outubro de 2020