Xa tedes dispoñible o impreso para inscribiros coma socios da ANPA para o curso 2023-2024. O prezo por familia é de 20€.

O prazo remata o día 15 de outubro (improrrogable). No caso de querer domicilar o pagamento o prazo de presentación do formulario remata o 30 de setembro.

Vantaxes de asociarse

Ademáis de colaborar económicamente coa ANPA para o desenvolvemento de todas as actividades que organiza a A.N.P.A. asociarse da acceso a unha serie de actividades destinadas exclusivamente para socios.Ademáis os socios tamén teñen preferencia e un prezo especial en moitas das actividades organizadas pola FANPA. Tamén daremos un carnet acreditativo que da acceso a descontos en certos comercios de Pontevedra.

Entre as actividades que imos realizar durante este curso ou temos en estudo están:

  • Actividades extraescolares
  • Chocolatada de Nadal
  • II Xinkana (excl. socios)
  • Camiño de Santiago por etapas (excl. socios)
  • Charlas e talleres (excl. socios)
  • Cross escolar
  • Excursións (excl. socios)
  • Campamento (excl. socios)
  • Festa fin de curso

Procedemento de inscrición

Para facerse socio é necesario pagar a cota anual establecida actualmente en 20€ por familia antes do 15 de Outubro de cada curso escolar e remitir o formulario totalmente cuberto e asinado por todos os titores, se non se presentou no curso 2021/2022 ou posteriores ou non se mantivo a condición de socio durante o pasado curso. Recordade cubrilo con letra clara, sobre todo os datos de contacto. Se se produciron cambios nos datos (datos de contacto, nenos/as escolarizados no centro, forma de pago, ...) ou ben non se foi socio no curso anterior deberase entregar un formulario novo totalmente cuberto e asinado por todos os titores.

O formulario da ANPA depositarase no buzón que temos no edificio de administración. Recordade que soamente é necesario enviar o formulario se non o entregáchedes o curso anterior ou mudaron os datos.

Seguro de accidentes opcional

No formulario tedes a opción de seguir contratando o seguro de accidentes colectivo con AXA. Este ano a prima queda en 6€ / alumno para todo o curso. Recordade que cubre os accidentes, non soamente nas actividades organizadas pola ANPA (actividades extraescolares, cross, campamento, ...) , senón tamén durante a xornada escolar. Para apuntarvos soamente tedes que marcar a casilla correspondente no formulario e á hora de facer o pago engadir os 6€ por neno aos 20€ da cuota. As principais coberturas derivadas dun accidente son:

  • Falecemento e incapacidade permanente por accidente
  • Asistencia sanitaria ilimitada nos centros concertados (libre elección 1500€)
  • Prótesis y asistencia dental: 1500€
  • Rotura de gafas (se o neno precisa atención médica): 300€
  • Profesor de apoyo: 10 días

No caso de non contratar o seguro, calquera accidente durante a xornada escolar ou as actividades organizadas pola ANPA tería que ser cuberto pola cobertura sanitaria habitual da familia: sergas, mutua, etc.

Se desexades máis información, estamos á vosa disposición. Temos a póliza para que poidades consultar o detalle de coberturas do seguro.

Pagamento

O pagamento do importe da cota (e o seguro opcional se desexades contratalo) deberá facelo mediante calquera dos seguintes medios:

  • Transferencia bancaria á conta ES54-2100-4781-1702-0015-6775 indicando no concepto da transferencia o nome e apelidos dos nenos ou nenas. A data límite de pagamento é o 15 de outubro de cada curso escolar. Unha vez verificado o pago, mandaremos unha mensaxe confirmandoo. Deberedes gardar o resgardo porque é o xustificante de ter pagado a cota da ANPA para ese curso e pode que volo solicitemos se temos problemas para identificar o pago. Calquer pagamento posterior ao 15 de outubro ignorarase.
  • Domiciliación en conta. Tamén dase opción de que o pago se faga por cargo na conta do socio indicando no formulario de alta os datos da conta e cubrindo e asinando os datos da autorización para facer dito cargo. O cargo farase os primeiros días de outubro. O formulario coa autorización para o cargo en conta deberedes envialo antes do 30 de setembro. Se se escolleu esta opción en cursos anteriores e queredes seguir sendo socios, non tedes que facer nada, xa que mantemos as domiciliacións dun curso para outro. Se non se desexa que se produza o cargo en conta este curso, deberase avisar á ANPA antes do 30 de setembro.

Por restriccións debidas ás médidas contra o blanqueo de capitais, non é permitido o pago da cota da ANPA mediante ingreso directo en efectivo na conta da ANPA. Se se quere pagar na conta, debe ser mediante transferencia dende a conta bancaria do socio.

Modificacións nos datos

Asimesmo por mor da LOPD e RXPD se ten que mandar cuberto e asinado por todos os titores o formulario de inscrición. Deberase remitir o formulario totalmente cuberto e asinado cada vez que se produza un cambio nos datos que contén.

Documentos