CONVOCATORIA

Pola presente o presidente da Asociación de Nais e Pais de Alumnos “Os Valados” convoca aos asociados, á Asemblea xeral extraordinaria que terá lugar o xoves 20 de xuño de 2024, ás 19:30 horas en primeira convocatoria e ás 20:00 horas en segunda convocatoria.  nas instalacións do CEIP Vilaverde – Mourente (comedor) coa seguinte:

ORDE DO DÍA

  1. Informe situación procesos xudiciais
  2. Memoria provisional de actividades do curso 2023-2024
  3. Estado de contas provisionais do curso 2023-2024
  4. Rolda de intervencións.
  5. Cese e nomeamento dunha nova Xunta Directiva
  6. Lectura e aprobación, se procede, da acta da Asemblea.

Esperamos contar coa vosa asistencia.

Pontevedra, 5 de xuño de 2024