Pola presente o presidente da Asociación de Nais e Pais de Alumnos “Os Valados” convoca aos asociados e nais e pais que estean interesados nos temas a tratar, á Asemblea xeral ordinaria que terá lugar o 5 de Abril de 2016, ás 19:30 horas en primeira convocatoria e ás 20:00 horas en segunda convocatoria nas instalacións do CEIP Vilaverde - Mourente co seguinte:
ORDE DO DÍA
- Memoria económica do exercicio 2014-2015.
- Orzamento para o exercicio 2015-2016.
- Memoria do curso 2014-2015 e actividades previstas para o 2015-2016
- Proposta de educación de modificación de zonas
- Elección membros Xunta Directiva
- Rolda de intervencións.
Esperamos contar coa vosa asistencia.