Información sobre as actividades levadas a a cabo pola ANPA "Os Valados" do CEIP Vilaverde - Mourente (Pontevedra)
Este sábado 14 de xuño teremos a festa de fin de curso.
Dende as 11 da mañá teremos as actuacións das diferentes actividades extraescolares e as organizadas polas clases.
Despois teremos a comida coma sempre, con venda de churrasco de porco, picantóns, polbo, chourizos, pizza e empanada. Os postres os porán os nenos de 5º para recaudar cartos para a excursión do ano que ven.
Para os nenos que se queden a comer faremos un sorteo de diferentes agasallos. Xa pola tarde teremos inchables para todas as idades. Recordamos aos nenos que levando a invitación da festa de fin de curso que vos entregaron en clase, recibiredes un xeado para refrescaros un pouco (parece que o sábado vai facer calor)
Esperamos contar coa vosa presenza.
Do 10 ao 16 de xuño está aberto o prazo para solicitar praza nas ludotecas de verán organizadas pola FANPA e o Concello de Pontevedra en diversos centros. Organízase en tres centros escolares urbáns, unha impartida en inglés e catro en centros do rural.
Ler máis...Aquí están as imaxes dos integrantes dos diferentes bungalows do campamento 2014.
Ler máis...Hoxe despois do almorzo fixemos un xogo no camping no que unhas bruxas nos querían coller para facer un conxuro para revivir aos seus ancestros e despois baixamos á praia para darnos un baño, e xogar ao brilé e voleibol.
Despois de xantar, fixemos manualidades e despois aproveitamos para darnos o último baño na piscina.
Ler máis...Hoxe, despois de levantarnos, e facer un pouco de ximnasia para estirar os músculos, almorzamos. Unha vez lavados os dentes, baixamos á praia a facer un xogo de orientación en grupos na praia e no pinar que está xunto á praia.
Ler máis...