Información sobre as actividades levadas a a cabo pola ANPA "Os Valados" do CEIP Vilaverde - Mourente (Pontevedra)
Días: 14, 15 e 16 de abril
Horario: de 9:00 a 14:00 horas
Lugares: CEIP Campolongo e no CEIP Manuel Vidal Portela.
Ler máis...Este ano a Xunta Directiva da ANPA decidiu que aportación da ANPA aos nenos de 6º que son socios este curso e que van a excursión fose variable en función da sua antigüedade coma socios.
Mandouse un SMS a un dos pais ou tutor de cada neno que constan como socios e que están apuntados a excursión. Para ser considerados como socios teñen que haber pagado no prazo estipulado e haber presentado o formulario de inscrición como socio da ANPA correctamente cuberto e asinado polos pais ou tutores.
Se non recibechedes o SMS e aboastedes a cota da ANPA no seu momento, podedes poñervos en contacto con nós no teléfono 690 731 207, para solucionar o tema.
O venres 28 finalizou o prazo para a reserva de praza para o campamento 2014 que organiza a ANPA para o fin de semana do 30 de maio ao 2 de xuño do 2014. Por tanto, xa no se aceptan novas reservas. Necesitamos que os que fixéchedes o ingreso entreguedes o formulario de reserva canto antes (se aínda non o fixéchedes).
O número de reservas superou o número de prazas que se ofertaban. Intentaremos acomodar o exceso de nenos e nenas, pero en caso de que non os poidamos acomodar, quedarán fora os últimos en facer o ingreso (intentaremos que non pase).
Por outra banda, os recordamos que para ter dereito ó desconto que se fará do prezo aos socios da ANPA, é necesario ter entregado o formulario de socio e a copia do resguardo do ingreso da cota no banco.
O vindeiro día 20 de decembro visitará o colexio Papá Noël para desexarlles boas festas a tódolos nenos.
Para celebralo, organizarase unha chocolatada con biscoito para todos os nenos.
As actividades extraescolares comezaron o 1 de outubro de 2013 e rematarán o 21 de xuño do 2014.
Os meses aboaranse completos nos primeiros días do mes mediante ingreso ou transferencia á conta da ANPA no BBVA:
ES34-0182-5151-20-0201538386 (IBAN)
No ingreso deberán indicar o nome e apelidos do alumno/a, actividade e mes que paga. Prégase que garden os recibos de pago das actividades para poder aclarar calquera dúbida que poida xurdir no pago das actividades.
Os importes para as diferentes actividades son os seguintes:
Ler máis...