Xa tendes dispoñibles a información sobre a Escola Deportiva Municipal e das actividades extraescolares para o curso 2021-22 e e outras informacións de interés, incluíndo as actividades non organizadas directamente pola ANPA. Tamén tedes o formulario para solicitar as actividades organizadas pola ANPA. O formulario para facerse socio da ANPA o tendes dispoñible eiquí.
Para a decisión das actividades que se levan a cabo e cales non, se terá en conta as solicitudes recibidas no noso buzón no edificio de administración ata o venres 24 de setembro. As actividades que nesa data non acadaran o número mínimo de inscritos cancelaranse. Actualizarase o listado nesta mesma páxina con esa información.
Información de actividades:
Descarga da información completa e o formulario de solicitude de actividades:
Estado:
Custe de matrícula nas actividades extraescolares:
Actividade | Estado | Cursos | Día | Horario | Horas semanais | Prezo socios da ANPA |
---|---|---|---|---|---|---|
Animación á lectura / contacontos / ludoteca | Cancelada | Ed. infantil | Xoves | 16:00 – 17:00 | 1 | 13€ / mes |
Multideporte* | Confirmada | Ed. infantil | Venres | 16:00 – 17:00 |
1 | 13€ / mes |
Ballet | Confirmada | Ed. infantil e primaria | Luns | 16:00 – 17:00 | 1 | 13€ / mes |
Ballet (primaria) | Cancelada | Primaria | Luns | 17:00 – 18:00 | 1 | 13€ / mes |
Robótica | Cancelada | Primaria | Xoves | 16:00 – 17:30 | 1,5 | 25€ / mes |
Fútbol* | Cancelada | Primaria | Mércores | 16:00 – 17:00 | 1 | 13€ / mes |
Taller de intelixencia emocional | Cancelada | Primaria | Mártes | 16:00 – 17:00 | 1 | 13€ / mes |
Pintura | Confirmada | Primaria | Venres | 16:00 – 17:30 | 1,5 | 19€ / mes |
Baloncesto* | Confirmada | Primaria | Mártes e / ou Xoves |
16:00 – 17:00 (mártes) e / ou 17:00 – 18:00 (xoves) |
1 ou 2 | 10€ / mes (1 hora/sem) 15€ / mes (2 horas/sem) |
* Actividades para as que se pedirá subvención polo Servizo de Deportes do Concello de Pontevedra incluídas na Escola Deportiva Municipal de Mourente “ANPA Os Valados” se sae publicada a convocatoria para este curso
Coma outros anos teredes outras actividades que non organiza directamente a ANPA, pero que ten prezos especiais para os socios. Para información ou apuntarse nas actividades, consultar coa entidade que a imparte