Main menu

CONVOCATORIA

Pola presente o presidente da Asociación de Nais e Pais de Alumnos “Os Valados” convoca aos asociados, á Asemblea xeral ordinaria que terá lugar o mércores 28 de novembro de 2018, ás 19:30 horas en primeira convocatoria e ás 20:00 horas en segunda convocatoria nas instalacións do CEIP Vilaverde - Mourente coa seguinte:

ORDE DO DÍA

  1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da Asemblea anterior.
  2. Lectura e aprobación, se procede, de modificación dos estatutos da asociación.
  3. Lectura e aprobación, se procede, do Regulamento de Réxime interno da asociación
  4. Memoria do curso 2017-2018
  5. Presentación e aprobación, se procede, das contas do curso 2017-2018
  6. Presentación e aprobación, se procede, do orzamento para o exercicio 2018-2019.
  7. Actividades previstas para o curso 2018-2019
  8. Incidencias de comezo de curso: obras, comedor, transporte escolar, ...
  9. Renovación membros Xunta Directiva
  10. Rolda de intervencións.

Esperamos contar coa vosa asistencia.

Pontevedra 10 de novembro de 2018

O presidente,

Javier Sánchez Sobral

FacebookTwitterRSS