Main menu

CONVOCATORIA

Pola presente o presidente da Asociación de Nais e Pais de Alumnos “Os Valados” convoca aos asociados, á Asemblea xeral ordinaria que terá lugar o martes 18 de outubro de 2022, ás 19:30 horas en primeira convocatoria e ás 20:00 horas en segunda convocatoria.  nas instalacións do CEIP Vilaverde – Mourente coa seguinte:

ORDE DO DÍA

  1. Presentación e aprobación, se procede, das contas do curso 2021-2022
  2. Memoria do curso 2021-2022
  3. Presentación e aprobación, se procede, do orzamento para o exercicio 2022-2023
  4. Actividades previstas para o curso 2022-2023
  5. Presentación e aprobación, se procede, da modificación dos estatutos da asociación
  6. Presentación e aprobación, se procede, do RRI (Regulamento de réxime interno)
  7. Renovación membros Xunta Directiva
  8. Rolda de intervencións
  9. Lectura e aprobación, se procede, da acta da Asemblea

Todas aquelas persoas socias que queiran presentarse para a elección de membros da nova Xunta Directiva, deberán comunicalo no correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. antes das 19:30 horas do 18 de outubro de 2022

Esperamos contar coa vosa asistencia.

Pontevedra 3 de outubro de 2022

FacebookTwitterRSS