Xa tedes dispoñible o impreso para inscribiros coma socios da ANPA para o curso 2018-2019. O prazo remata o día 31 de outubro (improrrogable)
Para facerse socio é necesario pagar a cota anual establecida actualmente en 20€ por familia e remitir físicamente o formulario totalmente cuberto e asinado por todos os titores antes do 31 de Outubro de cada curso escolar. No caso de estar a oficina da ANPA pechada podedes deixalo no buzón.
O pago do importe da cota deberá facelo mediante calquera dos seguintes medios:
Por restriccións debidas ás médidas contra o blanqueo de capitais, non é permitido o pago da cota da ANPA mediante ingreso directo en efectivo na conta da ANPA. Se se quere pagar na conta, debe ser mediante transferencia dende a conta bancaria do socio.
No formulario de inscrición tedes a posibilidade de solicitar o seguro de accidentes escolar para os nenos coa compañía Allianz. Ten un custe de 7,5€ por neno e curso escolar. Se xa o solicitastes co formulario de actividades, marcar aquí tamén que desexades contratar o seguro para ese neno. Tedes as principais características de dita póliza na circular de comezo de curso
Asimesmo por mor da LOPD e RXPD se ten que mandar cuberto e asinado por todos os titores o formulario de inscrición correspondente a cada curso escolar. E dicir, aínda que non mudase nengún dato, débese cubrir, asinar e remitir o formulario.