Main menu

A Deputación de Pontevedra concedeunos unha ruta dentro do seu programa "En ruta coa DEPO" coas seguintes características:

Data: domingo 17 de setembro de 2017

Horario e lugar de saída: O CEIP Vilaverde sobre as 09:15 e outra parada na zona de Xoan Carlos I por determinar.

Volta: chegarase ao punto de partida sobre as 19:00 horas

Ruta:

  • Museo Meirande
  • Visita á illa de San Simón
  • Almorzo
  • Redondela
  • Castelo de Soutomaior e Ponte Sampaio

Prezo: 12€ / persoa (os menores de 12 anos pagarán 8€)

Prazas: 54 ou 108, dependendo das solicitudes recibidas

Inclúe:

  • Traslado en autobús dende Pontevedra
  • Viaxe en barco ata a Illa de San Simón
  • Almorzo (dous pratos, postre, café e bebida)
  • Visitas aos recintos
  • Guía titulado/a
  • Viseira, mochila e díptico informativo
  • Seguro

Prioridade de adxudicación de prazas (terase en conta ata o xoves 07/09 ás 13:30 horas):

  1. Familias socias da ANPA no curso 2016-2017
  2. Familias de alumnos do CEIP Vilaverde - Mourente
  3. Resto

Inscrición: Na oficina da ANPA ou no correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ata o venres ás 18:00 horas.

Pago: efectuaráse na conta do BBVA ES80-0182-5151-27-0201538379 ou na oficina da ANPA no seginte horario:

  • Martes 05/09: 16:30-18:00
  • Xoves 07/09: 12:00-13:30
  • Venres 07/09: 12:00-13:30 e 16:30-18:00

OBSERVACIÓNS:

  • As nenas e os nenos menores de tres anos deberán viaxar en compañía dunha persoa representante ou titora legal. Ademais terán que empregar un sistema de retención que estea debidamente homologado e que se suxeite de forma correcta ao asento.
  • Os nenos e nenas con dereito a desconto (MENORES de 12 anos) deberán acreditar a idade coa copia do DNI (se non dispoñen del no caso de nenos non alumnos do CEIP Vilaverde no curso 2016-2017 deberán achegar o libro de familia)
  • No caso de que menores non acodan acompañados do pai/nai ou titor legal, deberase achegar autorización según o modelo dispoñible na páxina web www.anpavilaverde.org. Deberase acompañar de copia dos DNI do adulto que autoriza e o adulto autorizado.
  • Deberase achegar formulario de inscrición ASINADO dispoñible na web www.anpavilaverde.org
  • Non se considerará a inscrición completa ata a entrega do formulario de inscrición e pago da contía correspondente
  • Se non se chega ao mínimo de participantes requiridos, cancelarase a rota e devolverase o importe aboado.

IMPORTANTE: Se algún participante ten algún tipo de intolerancio ou alerxia alimentaria, debe indicalo no formulario de inscrición

FacebookTwitterRSS