Main menu

Como parte do programa En ruta coa Depo 2022 da Deputación de Pontevedra, a ANPA solicitou varias rutas e se lle concedeu a ruta 22: Illas Cíes e barrio mariñeiro do Berbés en Vigo cun máximo de 54 prazas. Dita ruta terá lugar o vindeiro día 18 de setembro.

 Tal e como establecen as bases do programa, as rutas están limitadas a socios da asociación e familiares que convivan con eles. Posto que todavía non temos aberto o prazo para facerse socio para o curso 2022-23, para poder participar na ruta é necesario ter sido socio no curso 2021-22 e continuar no CEIP Vilaverde-Mourente durante o curso 2022-23.

A ruta terá a sua salida e chegada en autobús dende Pontevedra. Visitarase o barrio mariñeiro do Berbés (Vigo) e as illas Cíes. A comida (tipo picnic) está incluída. Desenvolverase o domingo 18 de setembro.

O prezo por persoa será de 13,50€, sendo de balde para as nenas e nenos ata 12 anos (incluídos). Debido a que a ruta inclúe a visita ás Illas Cíes e que no permitirán cambios nos asistentes pregamos que soamente os apuntedes se estades seguros de que podedes asistir, xa que en caso de non poder ir unha vez enviado o listado, ditas prazas non poderán ser adxudicadas a outras persoas.

O prazo para apuntarse abrirase o luns 29 de agosto ás 10:00 horas e será mediante o formulario online dispoñible en: https://forms.gle/a2Bquz1GR99UpkGj6

Unha vez acadados o número necesario de participantes (54), máis 25 persoas adicionais coma lista de espera, pecharase dito formulario e comunicarase (por tokapp ou correo electrónico) aos que acadaron praza a forma de facer o pagamento e enviar a documentación xustificativa de gratuidade da praza para nenos e nenas ata 12 anos (incluído). O prazo para o pagamento e envío de documentación se pechará o xoves 1 de setembro ás 12:00 horas. No caso de non facelo, perderanse as prazas dese grupo e avisarase o seguinte grupo en lista de agarda. A documentación necesaria para os menores ata 12 anos será copia do DNI ou do libro de familia.

ESTA ACTIVIDADE ESTÁ COFINANCIADA POLA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

FacebookTwitterRSS