Main menu

O CEIP Vilaverde-Mourente celebrará o sábado día 5 de maio de 2018, a partires das 10:30 da mañá o XXIV CROSS ESCOLAR.

A proba está aberta á participación de todos os alumnos e alumnas de educación infantil e primaria dos centros escolares públicos do Concello de Pontevedra.

As inscricións poderanse facer polos seguintes medios:

  • A través do formulario online dispoñible en https://goo.gl/forms/2DZVqLayR4QMHnzx2
  • Para alumnos do CEIP Vilaverde, a través dos titores de cada grupo.
  • A través dos centros e ANPAs colaboradoras.
  • No propio centro escolar ata momentos antes do comezo das probas.

Haberá probas para os nenos e nenas de Educación Infantil (3,4 e 5 anos) e para as categorías 1º e 2º de primaria, 3º e 4º de primaria e 5º e 6º de primaria. A todos os nenos se lle entregará auga e un bocadillo, e haberá reparto de premios para todos os participantes.
Tamén teremos unha proba para os ex-alumnos que agora están nos primeiros cursos da ESO (1º e 2º da ESO, nacidos no 2005,2004) e para os pais e nais dos alumnos.

Pretendemos que máis que unha competición, sexa unha xornada festiva para os rapaces e as súas familias, e fomentar as relacións entre os integrantes dos distintos centros do Concello de Pontevedra.

Para aclarar calquera dúbida pódese chamar ó teléfono 690 731 207 (ANPA) ou 886 15 90 34 (centro escolar).

O cross recorrerá as rúas adxacentes ao centro escolar: rúas Ángel Limeses, San Amaro, Valdecorvos e Vilaverde. Os participantes de todas as categorías se concentrarán no centro escolar, e serán acompañados á zona de saída correspondente por persoal da organización.

Nas rúas polas que discorrerá a proba estará prohibido o estacionamento. As rúas Valdecorvos e Vilaverde, estarán cortadas ao tráfico durante toda a duración da proba. A rúa Ángel Limeses e San Amaro, estarán cortadas durante as probas que as recorren.

Para as persoas que se acerquen con vehículo, recoméndase o estacionamento na Avenida de Lugo e na zona da urbanización de Valdecorvos, xa que o acceso ao centro estará pechado para vehículos dende antes do comezo das probas.

Para o desenrolo das probas contaremos coa colaboración da policía local e protección civil do Concello de Pontevedra e da Asemblea Comarcal da Cruz Vermella en Pontevedra, as que agradecemos por adiantado a súa colaboración.

Categorías, horarios e distancias

As distancias a percorrer, orde das carreiras e horarios aproximados serán os seguintes:

CategoríaDistanciaHora
1º, 2º Primaria Nenos 250m 10:30
1º, 2º Primaria Nenas 250m 10:40
4º Ed. Infantil 3 anos 150m 10:50
5º Ed. Infantil 4 anos 150m 11:00
6º Ed. Infantil 5 anos 150m 11:10
3º, 4º Primaria Nenos 700m 11:20
3º, 4º Primaria Nenas 700m 11:30
5º, 6º Primaria Nenos 1200m 11:45
5º, 6º Primaria Nenas 1200m 12:00
1º, 2º ESO Nacidos no 2004,2005 1500m 12:15
Pais e avós   250m 12:30
Nais e avoas   250m 12:40

Normas

Plano do circuito

Circuito de carreras del XXIV cross escolar CEIP Vilaverde

Organiza

A directiva da ANPA "Os Valados"

O equipo directivo e profesorado do CEIP Vilaverde - Mourente

Entidades colaboradoras

2016 2017 cross cartel colaboradores

Engadir comentarios
  • Non se atoparon comentarios

FacebookTwitterRSS