Main menu

O CEIP Vilaverde-Mourente celebrará o vindeiro sábado día 20 de abril, a partir das 10 da mañá o XIX CROSS ESCOLAR.

A proba está aberta á participación de todos os alumnos e alumnas de educación infantil e primaria dos centros escolares públicos do Concello de Pontevedra. A inscrición estará aberta ata momentos antes do comezo das probas. Esperamos superar os 500 escolares inscritos.

 

 

Haberá probas para os nenos e nenas de Educación Infantil (3,4 e 5 anos) e para as categorías pre -benxamín (1º e 2º), benxamín (3º e 4º) e  alevín ( 5º e 6º).             A todos os nenos se lle entregará auga e un bocadillo, e haberá reparto de premios.

Tamén teremos unha proba para os ex-alumnos que agora están nos primeiros cursos da ESO (1º e 2º da ESO, categoría infantil) e para os pais e nais dos alumnos.

Pretendemos que máis que unha competición, sexa unha xornada festiva para os rapaces e as súas familias.

O cross recorrerá as rúas adxacentes o centro escolar: rúas Ángel Limeses, San Amaro, Valdecorvos e Vilaverde.

Para o desenrolo contaremos coa colaboración da policía local e protección civil do Concello de Pontevedra e da  Asemblea Comarcal da Cruz Vermella en Pontevedra.

As distancias a percorrer serán as seguintes:

Categoría

 

Grupos

Distancia

Nenos e nenas de educación infantil

3, 4 e 5 anos

 Diferenciados por idades

150 m

Pre Benxamín

1º e 2º Primaria

Nenos
Nenas

250 m
250 m

Benxamín

3º e 4º Primaria

Nenos
Nenas

700 m
700 m

Alevín

5º e 6º Primaria

Nenos
Nenas

1500 m
1200 m

Infantil

1º e 2º da ESO

Nenos
Nenas

700 m
700 m

Pais e nais



Pais e avós
Nais e avoas

250 m
250 m

O horario aproximado e orde das carreiras será o seguinte:

Categoría

Distancia

Hora

Pre Benxamín Nenos

1º, 2º Primaria

250 m

10:30

Pre Benxamín Nenas

1º, 2º Primaria

250 m

10:40

Ed. Infantil 3 anos

 

150 m

10:50

Ed. Infantil 4 anos

 

150 m

11:00

Ed. Infantil 5 anos

 

150 m

11:10

Benxamín Nenos

3º, 4º Primaria

700 m

11:20

Benxamín Nenas

3º, 4º Primaria

700 m

11:30

Alevín Nenos

5º, 6º Primaria

1500 m

11:45

Alevín Nenas

5º, 6º Primaria

1200 m

12:00

Infantil Nenos

1º e 2º da ESO

700 m

12:10

Infantil Nenas

1º e 2º da ESO

700 m

12:20

Pais e avós

 

250 m

12:30

Nais e avoas

 

250 m

12:35

FacebookTwitterRSS