Saída: venres 30 de maio, ás 16:30 horas.
Regreso: domingo 1 de xuño, arredor das 20:00 horas.
Deben levar:
Se alguén non entregou á autorización, debe entregala o antes posible na caixa de correo da ANPA. Non poderá ir ningún rapaz se non temos a autorización
É importante que os nenos fagan a maleta cos pais, para que saiban o que levan, e despois recoñecer as súas cousas, o saber de que ropa dispoñen.
Recordamos, que en caso de que sexa necesario que os nenos leven medicación, debe estar reflexada na autorización. Deberán entregar a medicación no momento de subir ao autobús.
Non fai falta que leven diñeiro. Tampouco deben de levar cousas de valor, nós non nos facemos responsables.
Deben deixar un teléfono de contacto que estea activo.
Para urxencias, o teléfono da ANPA é o 690 731 207. Estará activo todo o fin de semana do campamento.
PROHIBIDO LEVAR MÓVIL E APARELLOS ELECTRÓNICOS AGÁS CÁMARA DE FOTOS (neste caso procurar que non sexa de valor). En caso de que algún alumno leve algún de estes aparellos, non nos faremos responsables deles e en caso de atopárelos se lle retirará e lle será devolto á volta.
E importante recordar, que ao ser o campamento unha das actividades aprobadas polo consello escolar dentro da programación xeral anual (PXA) estarán vixentes todas as normas e obrigas dos alumnos aprobadas polo consello escolar do centro.