Main menu

Este Nadal a FANPA organiza dous obradoiros:

  • Crea o teu Nadal con jumping clay
  • Crea o teu conto dixital navideño

Tamén organiza as lucotecas "LudoNadal 2014"

Obradoiro "Crea o teu Nadal con jumping clay"

Este Nadal só tes que traer as túas mans, coas que farás adornos para decorar a túa árbore, motivos de Nadal e outras personaxes máis para o voso Belén...

Obradoiro "Crea o teu conto dixital navideño"

Crea cunha app historias propias usando fondos,audios, personaxes, etc e esperta a túa creatividade, a imaxinación, a curiosidade.. desde as novas tecnoloxías. os contos creados enviaranse ao teu correo electrónico para logo imprimir, pero tamén poderás subilos a Youtube para velos na casa, no móbil, etc.

Ludonadal 2014

É un programa educativo e de lecer que organiza a Federación Provincial de Anpa de Centros Públicos de Pontevedra (FANPA) en colaboración coa Concellería de Educación do Concello de Pontevedra, destinado a nenos e nenas de 3 a 12 anos.

Temáticas

  • Ludonadal Infantil: “O NADAL PERCORRE O MUNDO”
  • Ludonadal Primaria: “O NADAL DAS ESTACIÓNS”
  • Ludonadal en Inglés: “OS VALORES” Este Nadal a través de gravación de vídeo lip-dub, show de talentos, xinkana fotográfica, concurso de trineos e moitas máis actividades, os nenos/as fomentarán o compañerismo, a amizade e o respecto. Tamén coñecerán o Nadal noutros continentes e vivirán as distintas estacións do ano dun xeito moi lúdico.

Datas

22, 23, 24, 26, 29, 30, 31 de decembro e 2, 5, 7 de xaneiro

Engadir comentarios
  • Non se atoparon comentarios

FacebookTwitterRSS