É un programa de lecer e tempo libre organizado pola Federación Provincial de ANPA de Pontevedra (FANPA Pontevedra) en colaboración coa Concellaría de Educación do Concello de Pontevedra, dirixido ás familias dos colexios públicos do concello de Pontevedra.
O obxectivo desta iniciativa é favorecer a participación familiar en actividades nas que poder compartir experiencias, diversión e aprendizaxe.
DATAS DE REALIZACIÓN: Os venres, sábados e domingos de abril e maio: 10, 11, 17, 18, 24, 25 e 26 de abril; 1, 2, 8, 9, 10, 15, 16, 22, 23, 29, 30 de maio.