Información do Programa de ludotecas de verán que xestiona a FANPA en colaboración co Concello de Pontevedra.
É un programa educativo e de lecer que se desenvolve en época estival, organizado pola Federación Provincial de ANPA de Centros Públicos de Pontevedra (FANPA) en colaboración coa Concellería de educación do Concello de Pontevedra, destinado a nenos e nenas de 3 a 12 anos (infantil e primaria)
Ludotecas
Ludoteca | Tipo | Quendas | Madruga / Comedor |
---|---|---|---|
Campolongo | Lingua galega | Quincenais (xullo e agosto) | Si |
Manuel Vidal Portela | Inglés | Quincenais (xullo e agosto) | Si |
Marcos da Portela | Lingua galega | Quincenais (xullo e agosto) | Non |
Barcelos | Lingua galega | Quincenais (xullo e agosto) | Non |
Crespo Rivas | Lingua galega (infantil) | Quincenais (xullo) | Non |
Xunqueira I | Deportiva | Quincenais (xullo) | Si |
Cabanas | Lingua galega | Mensuais (xullo e agosto) | Non |
Pontesampaio | Lingua galega | Mensuais (xullo e agosto) | Non |
Vilaverde | Lingua galega | Mensuais (xullo e agosto) | Non |
Parada-Campañó | Lingua galega | Mensuais (xullo e agosto) | Non |
A Carballeira | Lingua galega | Mensuais (xullo e agosto) | Non |
Xeve | Lingua galega | Mensuais (xullo) | Non |
Horario
- De luns a venres (excepto festivos) de 09:00 h a 14:00 h.
- Horario ampliado de 08:30 h a 14:30 para aquelas persoas que o precisen
Servizos complementarios
- Servizo madruga: de 7:30 da 9:00 horas (con ou sen almorzo)
- Servizo comedor: de 14:00 a 16:00 horas
Prezos (por neno e quenda)
- Socios/as de ANPA do Concello de Pontevedra federada na FANPA: 35€ / quenda
- Non socios/as de ANPA do Concello de Pontevedra federada na FANPA: 48€ / quenda
- Demais casos: 63€ / quenda
- Familias numerosas con 2 ou máis fillos matriculados nas ludotecas:
- 28€ / quenda (socios)
- 41€ / quenda (non socios)
- Servizo comedor: 44,95€ / quincena
- Servizo madruga sen almorzo: 21,52€ / quincena
- Servizo madruga con almorzo: 29,11€ / quincena
- Esporádicos (por día):
- Comedor: 7,50€
- Madruga sen almorzo: 2,50€
- Madruga con almorzo: 3,15€
Presentación de solicitudes
- No local da FANPA (Rúa Xan Guillermo 9) do 6 ao 10 de xuño de 2016 en horario de 9:00 a 14:00 horas
- Por correo electrónico (
Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. ) dende as 9:00 horas do 6 de xuño ata as 14:00 horas do 10 de xuño de 2016
Adxudicación da praza:
No caso de que a demanda sexa superior ás prazas existentes farase unah baremación cos seguintes criterios:
- Situación escolar:
- Colexio público do Concello de Pontevedra (12 puntos)
- Colexio concertado ou privado do Concello de Pontevedra (4 puntos)
- Socio/a de ANPA do Concello de Pontevedra federada na FANPA (8 puntos)
- Situación socio-familiar:
- Familia numerosa (4 puntos)
- Alumnos/as empadroados no Concello de Pontevedra (6 puntos)
- Situación laboral:
- Familia con dous proxenitores en activo (4 puntos)
- Familia onde só un proxenitor estea en situación laboral activa (2 puntos)
No caso de que algunha persoa non entregue a documentación dentro dos prazos sinalados, pasará de xeito automático á lista de reserva.
En caso de empate de puntuación, adxudicarase a praza por orde de inscrición.
O 10% das prazas están reservada a Servizos Sociais do Concello.
Documentación a entregar (entregarase toda xunta)
- Ficha totalmente cuberta
- Fotocopia DNI do pai/nai/titor
- Fotocopia tarxeta sanitaria
- Fotografía tamaño carnet do neno/a
- Volante de empadroamento actual
- Fotocopia do documento que acredite ser socio de ANPA federada na FANPA
- Fotocopia do documento que acredite ser familia numerosa.
- Documento que acredite onde estuda o neno/a
- Vida laboral ou fotocopia da cabeceira da última nómina
Formalización da praza
- Do 6 ao 10 de xuño: Solicitude da praza
- 13 de xuño: publicación das listaxes de admitidos no web da FANPA (www.nontedurmas.org)
- 14 de xuño: baixas e reclamacións.
- 15 de xuño: publicación das listaxes definitivas na web da FANPA
- Do 15 ao 19 de xuño: Ingreso do pago (ver contas segundo a ludoteca no formulario de solicitude)
- 22 de xuño: reunión informativa no local da FANPA ás 20h