As actividades extraescolares comezarán, como estaba previsto o vindeiro luns, 2 de outubro.
A actividade que NON se levará a cabo será a de Percusión polo baixo número de apuntados. Comunicaremos esta circunstancia persoalmente ás familias.
As actividades que sufriron modificación son:
- Informática. Xuntaranse todos nun so grupo os venres de 16:00 a 17:30
- Preábaco e ábaco. Farase un so grupo os luns a partires das 16:00.
- Zumba (venres - maiores). Seguramente non se levará a cabo o grupo polo baixo número de anotados. Porémonos en contacto coas familias para atopar unha alternativa. O grupo de pequenas do mércores farase normalmente.
- Debuxo e pintura. Debido ao alto número de anotados, farase outro grupo outro día da semana por determinar. Os anotados, o venres deberán indicar á profesora se teñen outro día dispoñible para seleccionar o que permita facer dous grupos cun número similar de nenos/as.
O resto de actividades levaranse a cabo tal e como estaban ofertadas.
Todos os que solicitaron as actividades ata o xoves 28 están aceptados nas actividades solicitadas, excepto o relativo as actividades modificadas ou canceladas mencionado antes.
Os apuntados en natación (Campolongo) foron aceptados no horario que solicitaron e deberán aboar o importe do cuadrimestre os vindeiros días na conta especificada da circular (a mesma que para ingresar a cota), para poder facer o ingreso á empresa.
Calquera dúbida, podedes contactarnos a través dos medios habituales. Esta semana comezaremos co horario habitual da oficina da ANPA.