As actividades extraescolares este curso poderanse aboar ou ben mediante domiciliación bancaria dos recibos cubrindo o formulario dispoñible nesta páxina ou ben mediante transferencia bancaria dende a vosa conta á conta da ANPA.
Baixas
Recordámosvos que as baixas de calquera actividade teñen que realizarse por escrito mediante o formulario dispoñible no local da ANPA, mínimo 5 días antes do comezo do mes da baixa. De non ser así entenderase que o neno/a segue asistindo ás clases, polo que terán que pagar o mes ou meses completos aínda que non asistan. No caso de actividades que se paguen por trimestres ou cuadrimestre aplicarase o mesmo (5 días antes do comezo do trimestre ou cuadrimestre)
Pago mediante transferencia
Podedes facer o pago mediante transferencia bancaria dende a vosa contá á conta da ANPA
ES54-2100-4781-1702-0015-6775
indicando no concepto ou observacións o nome e apelido dos nenos e a actividade que se aboa. Non se admiten ingresos en efectivo. Os periodos aboaranse completos nos primeiros días do período a aboar.
Exemplo de concepto na transferencia:
RAFAEL E LUCIA NADAL NADAL. PINTURA E FUTBITO – OUTUBRO
Prégase que garden os recibos de pago das actividades para poder aclarar calquera dúbida que poida xurdir no pagamento.
O prezo mensual de cada actividade para os non socios incrementarase en 4€.
Domiciliación en conta das actividades 2018-2019
O cobro cargarase na vosa conta o día 5 de cada mes ou periodo. Recordamos que en caso de baixa deberán comunicalo con unha antelación mínima de 5 días antes do comezo do novo periodo. No caso de devolución do recibo por causa non imputable á ANPA, repercutirase o importe dos posibles gastos. Deben cubrir o formulario adxunto e entregalo na oficina da ANPA (ou no buzón fora das horas de apertura)