Main menu

As actividades extraescolares comezaron o 1 de outubro de 2013 e rematarán o 21 de xuño do 2014.

Os meses aboaranse completos nos primeiros días do mes mediante ingreso ou transferencia á conta da ANPA no BBVA:
ES34-0182-5151-20-0201538386 (IBAN)
No ingreso deberán indicar o nome e apelidos do alumno/a, actividade e mes que paga. Prégase que garden os recibos de pago das actividades para poder aclarar calquera dúbida que poida xurdir no pago das actividades.

Os importes para as diferentes actividades son os seguintes:

ActividadeSocios da ANPANon socios da ANPA
Informática 18€ 22€
Futbito 12€ 16€
Ballet 14€ 18€
Percusión e canto tradicional 18€ 22€
Debuxo e pintura 14€ 18€
Atletismo 12€ 16€

As baixas de calquera actividade teñen que realizarse mediante firma no local da ANPA calquera día de 4 a 6 , (excepto mércores) no mes anterior ó de baixa. De non ser así entenderase que o neno/a segue asistindo ás clases, polo que terán que pagar o mes ou meses completos.

Engadir comentarios
  • Non se atoparon comentarios

FacebookTwitterRSS