Main menu

CONVOCATORIA

Pola presente o presidente da Asociación de Nais e Pais de Alumnos “Os Valados” convoca aos asociados, á Asemblea xeral ordinaria que terá lugar o luns 16 de outubro de 2017, ás 19:30 horas en primeira convocatoria e ás 20:00 horas en segunda convocatoria nas instalacións do CEIP Vilaverde - Mourente coa seguinte:

ORDE DO DÍA

  1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da Asemblea anterior.
  2. Presentación e aprobación, se procede, das contas do curso 2016-2017
  3. Memoria do curso 2016-2017
  4. Presentación e aprobación, se procede, do orzamento para o exercicio 2017-2018.
  5. Actividades previstas para o curso 2017-2018
  6. Renovación membros Xunta Directiva
  7. Incidencias de comezo de curso: obras, comedor, transporte escolar, ...
  8. Rolda de intervencións.

Esperamos contar coa vosa asistencia.

Pontevedra 30 de setembro de 2017

O presidente,

Javier Sánchez Sobral

No caso de que na renovación dos membros da Xunta Directiva non se acade o número mínimo requirido que esixen os estatutos, poderanse cancelar todas as actividades da ANPA: madruga, comedor, actividades extraescolares, campamento, … e proceder á súa disolución.

FacebookTwitterRSS