Main menu

Durante o período lectivo de outubro a xuño (incluídos) terá lugar no CEIP Vilaverde a Escola Deportiva Municipal de Mourente “ANPA Os Valados”.

Unha actividade deportiva dirixida a nenos de infantil e primaria, cunha duración de dúas horas semanais co seguinte horario:

  • Nenos de infantil e 1º e 2º de primaria: Luns e xoves de 16:00 a 17:00
  • Nenos de 3º a 6º de primaria: Luns e xoves de 17:00 a 18:00
  • Nenos de primaria os xoves de 16:00 a 18:00 (esgrima)

Ao estar subvencionado polo IMD, o prezo máximo por actividade será de entre 40€ e 70€ todo o curso. Pagarase 20€ no primeiro trimestre, 20€ no segundo trimestre. O prezo do terceiro trimestre estará entre 0 e 30€, segundo o custe real que teña a actividade.

As actividades a desenvolver serán introdución á práctica deportiva (multideportes), futbito e esgrima.

Se necesitades máis información non dubidedes en chamar ou pasarvos pola oficina da ANPA.

Engadir comentarios
  • Non se atoparon comentarios

FacebookTwitterRSS