Durante o curso 2024-25 soamente temos a opción de natación na piscina de Campolongo
Complexo deportivo de Campolongo
- A actividade divídese en dous cuatrimestres: octubro - xaneiro e febreiro - maio. Segue o calendario escolar, e dicir, os días non lectivos non hai actividade.
- A alta e pagamento xestiónase a través da ANPA.
- Actividade incluída na EDM de Mourente, ANPA Os Valados, subvencionada polo Concello de Pontevedra
- O prezo para socios é de 35€ por cuadrimestre ao estár incluída na EDPM do Concello de Pontevedra (41,72€ é o prezo sen subvención)
- A actividade está dirixida a alumnado matriculado en 5º de educación infantil (2020) en adiante.
- Unha clase de 45 minutos á semana.
- O prazo para a solicitude remata o mércores 18 de setembro, e as prazas irán por orden de solicitude
- Elexir un destes horarios:
- Se non sabe nadar na piscina profunda: de luns a Venres ás 15:45
- Se sabe nadar na piscina profunda (1.90 metros de profundidade): de Luns a venres ás 15:45 ou 16:30 (considérase que sabe nadar na piscina profunda se é capaz de facer ida e volta sen ningunha axuda, e dicir, sen manguitos, tabla, churro, etc
- Para anotarse enviar un correo electrónico (
Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. ) ou whatsapp (690 731 207) co nome e apelidos do neno, un teléfono de contacto, a idade e indicando se sabe nadar ou non na piscina grande. - Unha vez confirmada a disponibilidade da praza por parte da piscina, nos poremos en contacto con vos para indicarvos a forma de facer o pagamento.
Recordade que existen 2 niveles: piscina pequena e piscina grande (na normativa ven máis especificado) Se algún pai/nai ten dudas de en qué piscina pode nadar o seu fillo/a pode vir a facer unha proba de nivel:
- Teñen que avisar en recepción que veñen a facer unha proba de nivel DA ANPA.
- Posteriormente, avisar aos monitores que veñen a facer unha proba de nivel DA ANPA.
- O monitor le dirá se pode ou non nadar na piscina grande e esta información os pais se la proporcionarán ás ANPAS (NUNCA A RECEPCIÓN NI A NINGÚN PERSOAL DA INSTALACIÓN DEPORTIVA) para solicitar a inscrición no grupo correspondente
- O horario para a proba será o seguinte (a duración dependerá da cantidade de traballo de ese día):
- De luns a venres de 16:30 a 19.
- Sábados de 11 a 13
Actividade para a que se pediu subvención polo Servizo de Deportes do Concello de Pontevedra incluída na Escola Deportiva de Promoción Municipal de Mourente “ANPA Os Valados”. No caso de que non se produza dita subvención os prezo sería 41,72€ / cuadrimestre.