O vindeiro Martes 9 de Maio de 2017 ás 20:00 horas no comedor do colexio, terá lugar a reunión para os que fixeron a reserva para o campamento 2017.
O importe total por neno serán 85€. O importe pendente, unha vez descontado o importe da reserva (20€), deberá ser aboado ese día na reunión.
O importe a aboar será por tanto:
- 40€ para os socios con 4 ou máis anos de antigüidade (cursos 2013-14, 2014-15, 2015-16 e 2016-17).
- 45€ para os socios con 3 anos de antigüidade (cursos 2014-15, 2015-16 e 2016-17).
- 50€ para os socios con 2 anos de antigüidade (cursos 2015-16 e 2016-17).
- 55€ para os socios con 1 ano de antigüidade (curso 2016-17).
- 65€ para os non socios.
Se algún socio non entregou no comezo de curso o formulario de socio e copia do ingreso, deberá aportalos ou pagará como non socio.
Os que non aboen o campamento nesa data, salvo por causa xustificada, perderán a praza reservada.
E imprescindible a entrega da autorización adxunta asinada por un dos pais do neno/a. Os que asistades á reunión teremos impresos para cubrir alí (necesitaredes a tarxeta sanitaria do neno).
Nesa mesma reunión darémosvos os detalles do campamento e resolveremos calquera dúbida que teñades. Tedes adxunto un resumo das cousas que deben levar os rapaces.
Se alguén non pode asistir á reunión poderá aboar o importe na conta do BBVA ES80-0182-5151-27-0201538379 e entregar asinada a autorización na caixa de correo da ANPA antes do venres 12.