Como ven sendo habitual, a ANPA organiza no vindeiro mes de Maio-Xuño un campamento lúdico para nenos e nenas dos cursos 3º, 4º, 5º e 6º de primaria. Realizarase no cámping PRAIA PAISAXE II en San Vicente de O Grove.
As datas para a realización do campamento serán dende o venres 1 de xuño de 2018 ata o domingo 3 de xuño de 2018. A saída será sobre as 17 horas e o regreso o domingo a partires das 18 horas.
O número de prazas dispoñibles é de 90. O prezo máximo do campamento será de 90€ (inclúe transporte, aloxamento, comida e actividades). Para os socios da ANPA haberá un desconto sobre ese prezo, que aínda está por determinar. (Para ter a consideración de socio é preciso ter entregado o formulario de inscrición da ANPA e ter feito o pago da cota no prazo establecido)
SOCIOS: Para facer a reserva deberan cubrir o formulario existente en https://goo.gl/forms/UxntAsqxzuZNXQod2 antes do 31 de marzo e posteriormente facer o pago da reserva.
NON SOCIOS: O prazo para os non socios será do 1 ao 6 de abril de 2018. Deberase entregar na oficina ou na caixa de correo da ANPA o formulario de reserva que podedes atopar máis abaixo, totalmente cuberto e asinado.
PAGO RESERVA: A cantidade necesaria para a reserva de praza será de 20€, que se descontará da cantidade final a pagar en maio. Esta cantidade deberá aboarse por transferencia ou ingreso na conta do BBVA:
ES80-0182-5151-27-0201538379 (20€)
indicando o nome e apelidos do neno ou nena no concepto/observacións (non no de beneficiario) do ingreso antes do día 6 de abril de 2018 (A data do ingreso conta para a orde de prioridade). Se se cubre correctamente, non fai falta enviala. Se deberá gardar o orixinal do resgardo de ingreso como xustificante da reserva. En caso de non poder identificar o pago dunha reserva se vos requirirá para que enviedes copia.
No caso de que a demanda de prazas supere as prazas dispoñibles terán prioridade os socios, e terase en conta a data do ingreso e a da entrega da reserva (ou reserva online para os socios). Aos nenos que non fagan o abono, non poderemos garantirlle a praza. Non se devolverá a cantidade adiantada, salvo motivo xustificado. Os nenos e nenas deben tener autonomía suficiente para vestirse/desvestirse, aseo e comida.
A Xunta Directiva